luns, 30 de xaneiro de 2012

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz. Fixemos moitas actividades: murais con palabras relacionadas coa Paz e coa violencia (que non nos gusta), o abecedario da Paz, xogos cooperativos no patio do colexio e por último rematamos cantando e bailando todos xuntos a canción "Amiguiños todos".

domingo, 29 de xaneiro de 2012

DÍA DA PAZ

Gloria Fuertes escribeu este poema co que podemos recordar e conmemorar o Día da Paz.

“MANOS A LA OBRA”
Basta con una mano
para matar.
Necesitamos dos para acariciar,
dos para aplaudir
y todas las manos del mundo para la PAZ.
Gloria Fuertes.

Pero non menos fermosa é a poesía que escribe o alumnado do centro. Como mostra aquí tedes dúas poesías que todavía se conservan. Foron escritas por Ana Belén Álvarez en 1989, cando era alumna de 6º.

"La Paz es una paloma
o una luz brillante,
quizás es una caricia
o un corazón muy grande."

"La guerra es una espada
manchada de sangre en la punta,
sangre de gente inocente
que muere sin ninguna culpa."

Si queres lelas enteiras preme aquí.

luns, 16 de xaneiro de 2012

XOGOS OLÍMPICOS (2º trimestre)

   No 2º trimestre, continuaremos co noso Proxecto "Sabela, nos Xogos Olímpicos", pero agora traballaremos, por clases, os derradeiros países onde se celebraron os mesmos:
EI 3 anos: España (Barcelona).
EI 4 anos: China (Pekín).
EI 5 anos: Grecia (Atenas).
1º de EP: Australia (Sidney).
2º de EP: Alemania (Múnich).
3º de EP: Canadá (Montreal)
4º de EP: Rusia (Moscú).
5º de EP: Corea del Sur (Seúl).
6º de EP: EEUU (Los Ángeles e Atlanta).
Clase de Inglés: Reino Unido (Londres 2012).

mércores, 4 de xaneiro de 2012

Viaxamos á antiga Grecia?

Ola nenos:
Os vosos mestres seguen a voltas e agora convídannos a xogar con esta actividade sobre Grecia. Eu xa estou desexando xogar. Animádesvos?


martes, 3 de xaneiro de 2012

PLANETARIO VIAXEIRO

Hoxe comezou a exposición do PLANETARIO VIAXEIRO da Fundación da Obra Social de La Caixa. Estará na praza da Peixeiría de Vilagarcía ata o mércores 4, en horario de 11:30 a 13:30.

É unha actividade moi interesante na que se pode ver as constelacións, os cambios da lúa, o Sol...

Podedes ver máis información na páxina do Concello.