luns, 21 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL!

 Boas,

Coma cada curso por estas datas, compartimos o tríptico coas recomendacións lectoras para este Nadal.

Esperemos que o vindeiro ano veña cargadiño de novas historias, pero desas que nos saquen un bo sorriso, que nos transporten a outro mundo e, sobre todo, que sexan historias con final feliz, que é o mesmo que pedimos e vos desexamos: MOITA FELICIDADE E SAÚDE PARA O VINDEIRO CURSO!

Felices festas!

Sabela

xoves, 26 de novembro de 2020

GRAN MURAL DA CIENCIA E OUTROS EXPERIMENTOS EN BIBLIORUBIÁNS!

 Estamos a piques de rematar Novembro, o mes da ciencia en galego na biblioteca escolar e este é o resultado do noso mural da ciencia con experimentos caseiros e para todos os gustos!

Ademais, o alumnado de 4º de primaria creou varios instrumentos meteoróloxicos que tamén están expostos na entrada da nosa biblio. 




Xa que este curso a maleta de Sabela non viaxa aos fogares do noso alumnado, aproveitamos este mes para seguir facendo e compartindo os nosos experimentos feitos na casa.

Grazas a todos os nosos pequen@s científic@s por participar nesta actividade!

Vémonos pronto!


Sabela.








mércores, 11 de novembro de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO EN BIBLIORUBIÁNS

 Con motivo do mes da ciencia en galego, dende a biblioteca, Sabela propón unha actividade baseada nos experimentos caseiros. Cada titor/a repartirá unha ficha para que o alumnado faga o seu propio experimento na casa, se fotografíe con dito experimento e pegue a foto na ficha.

Con tódalas fotos formaremos un gran mural da ciencia na entrada da biblioteca.

Animádevos a participar dende as vosas aulas! Tedes ata o venres 20 de novembro para entregar a ficha coa foto ao voso titor/a.

  Pronto amosaremos o resultado!



venres, 23 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Mañá, 24 de outubro, celébrase o Día das bibliotecas escolares. Este curso baixo o lema: "Bibliotecas, sempre ao teu carón".

 Desta forma e para darlle sentido ao lema deste día, todo o alumnado participou nunha actividade que está exposta no taboleiro da entrada á biblioteca escolar.

Tratouse de que, nunha plantilla,  debuxaran e crearan a portada do libro que máis lle gustou e que foi lido na biblioteca escolar ou de aula.

Estos son algúns exemplos das portadas que deseñaron os nosos artistas lectores!

Ata pronto.




xoves, 8 de outubro de 2020

NORMAS DE USO DA BIBLIO EN TEMPOS DE COVID19

 

 Boas, este post podería ser o título dun libro de ciencia ficción, pero desgraciadamente non é así. 

Nesta nova normalidad temos que adaptar o uso e funcionamento da nosa biblioteca para que continúe sendo un espazo de fomento da lectura e parte importante da vida do centro.

Así, este tríptico recolle as normas da biblioteca, adaptándonos a estos tempos.


Ata pronto!




martes, 12 de maio de 2020

SABELA PRESENTA...LETRAS GALEGAS 2020!

Boas a tod@s,

Atopámonos en Maio, no Mes das Letras, e o vindeiro día 17 celebraremos o Día das Letras Galegas.

Este ano dedícaselle á figura de Ricardo Carvalho Calero. Así que para coñecer a este escritor, creamos uns xogos interactivos: un encrucillado e unha sopa de letras.
Para acceder aos xogos, unha vez que lle deades a comezar, debedes clicar na icona "pantalla completa" que está arriba á dereita.







Nestas páxinas de Seminariogalán.org e da Real Academia Galega tamén podedes acceder á biografía do autor e a diferentes actividades tanto descargables coma interactivas. Só tedes que clicar nas imaxes.

                          


Esperamos que disfrutedes e aprendades con estes xogos e recursos sobre a figura deste escritor tan importante da historia da nosa lingua e literatura galega.

Sabela deséxavos FELIZ SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!!

Ata pronto!

xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Boas a tod@s,

Vedes como as sorpresas aínda non remataban? Para celebrar este día temos dúas para todos vós.

A primeira é este marabilloso conto, elixido este ano para esta data tan especial polos valores que representa e que leva por título "Vivan las uñas de colores". Está contado con moito agarimo por todo o profesorado do cole.


A segunda é outro conto porque o día o merece! Esta vez de mans da nosa profe auxiliar de conversa, Mónica e titúlase "My dog is smelly as dirty socks".


Esperamos que os disfrutedes!

De parte de Sabela e de todo o profesorado , MOI FELIZ DÍA DO LIBRO!

martes, 21 de abril de 2020

SABELA PRESENTA...A SEMANA DO LIBRO!

Boas,

Benvid@s á Semana do Libro!!
O próximo xoves 23 de abril conmemórase o Día do Libro e, para celebralo, Sabela proponvos varias opcións con actividades relacionadas co mundo dos contos e dos libros, deixando voar a vosa imaxinación e creatividade.


Estas actividades son cortesía de @profecristina

Se vos animades a realizar algunhas das actividades, podedes enviarnos o resultado para compartilo ao correo da biblio: bibliorubians@gmail.com

Tamén vos deixamos uns marcapáxinas de Sabela, caracterizada de personaxes de cine, que podedes descargar no seguinte enlace e colorear ao voso gusto.




Por último, a editorial Baía permítenos durante este confinamento o acceso a libros en galego e por idades para que os cativ@s disfruten da literatura na nosa lingua, facendo un uso responsable dos mesmos. Deixámosvos aquí o enlace á editorial:
https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

E aínda nos queda algunha sorpresa máis...!!
Ata pronto!


#Sabelaquedanacasa
#Rubiánsquedanacasa


luns, 30 de marzo de 2020

2 ABRIL-DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL!

Boas!!

Para conmemorar o Día Internacional do libro infantil, Sabela, a través de Galix (a Asociación Galega do libro infantil e xuvenil), convídavos a participar no concurso organizado por dita asociación "Un poema na túa voz".

Así, para estes días de confinamento, GALIX da a oportunidade de participar en familia no concurso. Trátase de que escollades un poema tradicional galego ou de autor e gravedes aos nen@s recitándoo. Despois tedes que enviar o arquivo ao correo da asociación, acompañándoo dos vosos datos e dos datos do poema escollido.
Si pinchades na imaxe, tedes ahí toda a información para participar.



O prazo remata o 10 de abril. Animádevos, que mellor que pasar un rato divertido en familia acompañados de poesía!!


E recordade!!

#Sabelaquedanacasa
#Rubiánsquedanacasa


venres, 27 de marzo de 2020

SABELA QUEDA NA CASA!

Boas!!

Para facer máis amenos estes días na casa, Sabela preséntavos unha serie de recursos coma libros, sesións con contacontos e teatro. Aquí van:


-Eloy Moreno permite que descarguemos durante estes días de forma gratuita o seu libro "Cuentos para quedarse en casa". Unha colección de breves historias para ler en familia. Podedes descargarlo na seguinte imaxe:


-"Rosa contra el virus" é un libro escrito polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid para explicarlle aos cativ@s que é un virus e como xestionar as emocións. Ideal tamén para un momento de lectura en familia! Podedes descargalo gratuitamente na seguinte imaxe:




-Kalandraka TV permítenos gozar da súa sección de contos contados. Aquí tendes varias sesións de contacontos no seguinte enlace:
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33

-O Festival Atlántica de Narración Oral amósanos, a través do seu canal en Youtube, contos e cancións de diferentes artistas co lema "O conto non para". O pasado 20 de marzo foi o Día Mundial da Narración Oral e que mellor forma de celebralo que accedendo ao seguinte enlace:
https://www.youtube.com/channel/UCybGqXgBwX8oh7HOk0y6HRg

-Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro. Por iso como último recurso, presentamos a Urdime e o seu festival online "Cantos e contos dende o poleiro". Na súa sección "Cacarexando na memoria" podemos gozar de vídeos en aberto de obras de teatro, entre outros.
Pinchade nas imaxes e deixámosvos coas pezas "A Nena e o Grilo nun barquiño" e "Rubicundo" de Teatro Ghazafelhos :






Esperamos que vos gusten e vos teñan entretid@s un anaco!!

Moito ánimo!! E recordade...

#Sabelaquedanacasa
#Rubiánsquedanacasa