martes, 19 de decembro de 2017

Recomendacións de lectura

Como cada Nadal o equipo da Biblioteca do cole, xunto con Sabela, realiza unha selección de libros moi intersantes para todas as idades.
Dende os máis cativos aos máis pequenos non esquezades incluír na vosa carta algún libro porque xa sabedes que "Ler non pasa de moda"


xoves, 16 de novembro de 2017

MAGOSTO

Pensabamos que ía ser difícil atopar moitos e moi variados refráns sobre o magosto e o outono pero, as familias sempre nos sorprenden. Moitas grazas polo voso traballo!!!


martes, 7 de novembro de 2017

EXPERIMENTA CON SABELA

Como sabemos que o curso pasado disfrutáchedes un montón coa nosa Semana da Ciencia e os experimentos na biblioteca, imos propoñer un reto. Sodes capaces de facer algún experimento na casa e mostrarllo no cole ao resto dos compañeiros? Esta é unha actividade para valentes. Estamos seguros de que imos a alucinar cos vosos traballos. 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe 24 de outubro, celebramos o Dia das Bibliotecas dun modo moi especial. Os libros saíron de paseo na hora do recreo e poidemos disfrutar da lectura nun sitio privilexiado.

sábado, 23 de setembro de 2017

Curso 2017 - 2018

Este curso presenta una nova e trepidante aventura, na que Sabela viaxará a través do tempo e nos ensinará un montón de cousas sobre a Historia nos diferentes periódos. 

Recorreremos os acontecementos máis importantes dende a Prehistoria ata a Idade Moderna. 

Estade atentos, xa veredes cantas cousas interesantes aprendemos!! 


mércores, 17 de maio de 2017

Letras Galegas 2017



Para conmemorar as Letras Galegas 2017 visitou o cole Luis Vallecillo que co seu espectáculo "O mundo de Carliños" fixo un percorrido polas personaxes máis coñecidos das obras do autor homenaxeado este ano: Carlos Casares.

Pasamos un rato moi agradable cantando e bailando con Luis e Carliños

venres, 12 de maio de 2017

CONCURSO ESCULTURAS DO MAR

Estas semanas propuxémosvos un reto con estatuas relacionadas co mar. Despois duns días de investigación na biblioteca, por fin temos gañadoras do concurso e son...

Paula, Andrea, Karianny e Sheila.


sábado, 22 de abril de 2017

Día do libro 2017

Para conmemorar o Día Internacional do Libro realizamos unha actividade que nos gusta un montón: o apadriñamento lector.

Maiores e pequenos gozamos do pracer de ler en compañía.

Este ano, ademais, para atopar aos padriños/afillados tiñamos unha tarefa "especial". Os padriños/madriñas tiñan unha foto dunha escultura relacionada co mar e os afillados/as tiñan o nome desa escultura. Así, o azar xuntou a pequenos con maiores e xuntos buscaron o lugar que máis lles gustaba no patio para gozar do libro que Sabela tiña preparado para cada un.

Os afillados agasallaron aos seus padriños cuns fermosos marcapáxinas mariñeiros.

mércores, 29 de marzo de 2017

DÍA MUNDIAL DA POESÍA


O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. No cole fixemos un montón de actividades con poesías relacionadas co Mar.


Dende recitados de poesía sobre o Mar, elaboración de poemoas propios, escritura de poemas sobre faros,caligramas e ata aprendemos matemáticas contando e multiplicando versos!!


     

venres, 3 de marzo de 2017

ROBÓTICA NA BIBLIOTECA

Boas, rapaces e rapazas:
Os maiores están aproveitando os recreos para aprender algo de robótica utilizando un Escornabot. Realizaremos a montaxe seguindo unha guía e, cando funcione, deseñaremos actividades para que xoguen e aprendan con el os máis pequenos. Aquí tedes unhas fotos das primeiras sesións.

martes, 17 de xaneiro de 2017

MES DA CIENCIA

Bueno, aínda que un pouco tarde, aquí deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos na biblioteca coas actividades do mes da ciencia.
Agardamos que vos guste.