Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de maio de 2013

MARUJA MALLO

Como xa sabedes neste terceiro trimestre estamos a traballar á pintora galega Maruja Mallo. Para aprender un pouquiño máis sobre ela, temos preparada unha webquest. Pasádeo ben navegando.




mércores, 17 de abril de 2013

ESTE TRIMESTRE MARUJA MALLO

Para coñecer un pouquiño da biografía desta xenial pintora galega podedes ver este vídeo.


xoves, 14 de febreiro de 2013

APRENDE MÁIS SOBRE PICASSO



UN ENTROIDO CHEO DE COR

Xa sabedes que este curso estamos a traballar a arte, por eso moitos de nós nos disfrazamos de pintores. Tamén había arlequíns, sevillanas, o grito, paletas de pintor, O kimono...

Mirade que ben o pasamos!


luns, 28 de xaneiro de 2013

mércores, 5 de decembro de 2012

Campo de xirasois

Facemos un puzzle de xirasois? Pero esta vez non están nun xarrón, se non no campo. É o cadro  "Campo de xirasois", de Vincent Van Gogh.

domingo, 2 de decembro de 2012

Xogando coa noite estrelada

Petros Vrellis é un artista e inxeniero grego que logrou darlle vida á famosa pintura de Van Gogh, a través dun programa informático con só mover un dedo sobre a pantalla.

venres, 30 de novembro de 2012

TRABALLANDO CON VAN GOGH

Seguimos a traballar con Van Gogh. na entrada da biblioteca temos un gran mural no que o alumnado de 5º reproduciu o autorretrato de Van Gogh en setembro de 1889. Acompañándoo hai unha mostra dlagúns dos seus cadros.


Ó lado a súa biografía explícanos os datos máis importantes da súa vida.

luns, 12 de novembro de 2012

CAMILLE Y LOS GIRASOLES

No blogue Artcole da profe de inglés María atopamos o conto de Camille y los girasoles. Si o les coñecerás un pouquiño máis a vida e as obras de Vincent Van Gogh.


Open publication - Free publishing

Si queredes ler o conto en inglés podedes retiralo na biblioteca.

domingo, 11 de novembro de 2012

PRIMEIROS PASOS

Esta entrañable escea mostra unha nena dando os seus primeiros pasos.


OS DESCARGADORES DE ARLES

Nesta ocasión Van Gogh plasma  un motivo mariñeiro.

A ÁRBORE

Outra obra excepcional deste gran pintor é "A árbore". Queres ver como é? Anímate e fai o crebacabezas.


venres, 9 de novembro de 2012

AUTORRETRATO DE SETEMBRO DE 1889

Outro ben difícil. Seguide o meu consello, facédeo a 1ª vez coa plantilla debaixo (premede na pantasma)

OS XIRASOIS

E que vos parece si facemos o puzzle do seu cadro máis famoso?
preview20 pieceOs xirasois

xoves, 8 de novembro de 2012

MORCEGO

Agora é o turno dun puzle máis dificiliño: O morcego, que están a traballar os nenos de 6º.

preview55 pieceMorcego

A ver si sodes quen de facelo en menos de 10 minutos tendo debaixo a plantilla (premer na pantasma para poñela).

luns, 5 de novembro de 2012

NOITE ESTRELADA

Probade agora con esta outra obra fundamental do artista holandés. Aínda é moi doado. Podedes facelo sen pistas en menos dun minuto?
preview12 pieceA noite estrelada

A HABITACIÓN DE VINCENT VAN GOGH EN ARLES

Este primeiro crebacabezas realizado coas pinturas de Vincent Van Gogh é moi sinxelo así que probade a facelo sin pistas e en pouco tempo. Quen o fai máis rápido?
La habitación de Van Gogh en Arles