Amosando publicacións coa etiqueta contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contos. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Boas a tod@s,

Vedes como as sorpresas aínda non remataban? Para celebrar este día temos dúas para todos vós.

A primeira é este marabilloso conto, elixido este ano para esta data tan especial polos valores que representa e que leva por título "Vivan las uñas de colores". Está contado con moito agarimo por todo o profesorado do cole.


A segunda é outro conto porque o día o merece! Esta vez de mans da nosa profe auxiliar de conversa, Mónica e titúlase "My dog is smelly as dirty socks".


Esperamos que os disfrutedes!

De parte de Sabela e de todo o profesorado , MOI FELIZ DÍA DO LIBRO!

venres, 27 de marzo de 2020

SABELA QUEDA NA CASA!

Boas!!

Para facer máis amenos estes días na casa, Sabela preséntavos unha serie de recursos coma libros, sesións con contacontos e teatro. Aquí van:


-Eloy Moreno permite que descarguemos durante estes días de forma gratuita o seu libro "Cuentos para quedarse en casa". Unha colección de breves historias para ler en familia. Podedes descargarlo na seguinte imaxe:


-"Rosa contra el virus" é un libro escrito polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid para explicarlle aos cativ@s que é un virus e como xestionar as emocións. Ideal tamén para un momento de lectura en familia! Podedes descargalo gratuitamente na seguinte imaxe:




-Kalandraka TV permítenos gozar da súa sección de contos contados. Aquí tendes varias sesións de contacontos no seguinte enlace:
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33

-O Festival Atlántica de Narración Oral amósanos, a través do seu canal en Youtube, contos e cancións de diferentes artistas co lema "O conto non para". O pasado 20 de marzo foi o Día Mundial da Narración Oral e que mellor forma de celebralo que accedendo ao seguinte enlace:
https://www.youtube.com/channel/UCybGqXgBwX8oh7HOk0y6HRg

-Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro. Por iso como último recurso, presentamos a Urdime e o seu festival online "Cantos e contos dende o poleiro". Na súa sección "Cacarexando na memoria" podemos gozar de vídeos en aberto de obras de teatro, entre outros.
Pinchade nas imaxes e deixámosvos coas pezas "A Nena e o Grilo nun barquiño" e "Rubicundo" de Teatro Ghazafelhos :






Esperamos que vos gusten e vos teñan entretid@s un anaco!!

Moito ánimo!! E recordade...

#Sabelaquedanacasa
#Rubiánsquedanacasa





mércores, 2 de maio de 2018

Visita Susa Herrea

No CEIP de Rubiáns encántannos as visitas e nesta ocasión, tivemos a sorte de contar coa visita de Susa Herrera.

Susa veu presentarnos o seu traballo "Cantos animais" un libro-disco cheo de alegres cancións nos que os protagonistas son os animais que tanto nos gustan: o cangrexo, o crocodilo, a xoaniña o elefante e ata un poni que falaba "inglés do que se entende"

Coa súa música, fixo as delicias non só dos máis pequenos do cole se non tamén dos mestres (moitos antigos alumnos de Susa na Universidade)