Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos do Neno. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos do Neno. Amosar todas as publicacións

domingo, 20 de novembro de 2011

Os nenos na Antiga Grecia

Hoxe celebrouse o Día no que se conmemoran os Dereitos dos Nenos e a min entroume unha dúbida: como vivían os nenos en Grecia?
Pois ben, estiven investigando e averigüei algunhas cousas:
Para lavarse tiñan que facelo no río (imaxinádesvos ter que lavarse sempre en auga fría?) e por iso tiñan que aprender a nadar.
E a educación... estaba reservada únicamente para os nenos de familias ricas! E as nenas, non podían ir á escola.
Cando os nenos cumprían sete anos poñíanse baixo a tutela dun escravo chamado "pedagogo" que lle ensinaba boas maneiras e o levaba á escola, que estaba na propia casa do mestre.
Aprendían a ler e escribir, e as regras básicas da aritmética. Era moi importante que aprendesen de memoria versos do poeta Homero (o pai da literatura grega) e soubesen recitalos coa debida entoación. Máis tarde, se lles ensinaba música, a cantar e a tocar instrumentos sobre todo a lira e a frauta. Tamén aprendían a compoñer poesía e cantala acompañados da lira.
A partir dos doce anos, a educación física tiña prioridade sobre as demais. As clases impartíanse na palestra (un campo de deportes ao aire libre rodeada dunha columnata, a cuxa sombra se daban as clases teóricas)
As nenas de boa familia só aprendían a ler e escribir e algo de música. A súa educación centrábase nas tarefas que logo desempeñaría cando estivese casada: o traballo na casa, o coidado dos nenos, a manufactura dos tecidos, etc. As rapazas pobres, pola súa banda, ao igual que os nenos pobres, non tiñan acceso a ningún tipo de educación.
Os investigadores atoparon algúns xoguetes coma buxainas, aros, papaventos, carretes (usados como io-io) e muñecas feitas con terracota ou madeira. Tamén xogaban cos amigos á mosca cega, ó lanzamento de noces e ósos de animais ou ó “ephedrismos”: que consistía en tratar de golpear cun accesorio un obxecto cravado no chan.

Día dos Dereitos dos Nenos

 En 1989 firmouse na ONU a Convención Internacional polos Dereitos dol Neno, que é unha lei escrita por adultos para protexer ós nenos.

Os Dereitos do Neno:

  1. Os nenos teñen dereito á vida.
  2. Os nenos teñen dereito a xogar e á diversión.
  3. Os nenos teñen dereito á liberdade e a compartir os seus puntos de vista.
  4. Os nenos teñen dereito a unha familia.
  5. Os nenos teñen dereito á protección durante os conflictos armados e contra as minas terrestres
  6. Os nenos teñen dereito á liberdade de conciencia.
  7. Os nenos teñen dereito á protección contra o descoido ou trato neglixente.
  8. Os nenos teñen dereito á protección contra o traballo infantil.
  9. Os nenos teñen dereito á información axeitada.
  10. Os nenos teñen dereito á protección contra o secuestro e a explotación.
  11. Os nenos teñen dereito á educación.
  12. Os nenos teñen dereito á saúde e á alimentación.
  13. Os nenos teñen dereito á liberdade.
  14. Os nenos teñen dereito a coñecer e gozar da nosa cultura.
  15. Os nenos teñen dereito a crecer nunha familia que lles dea afecto e amor.
  16. Os nenos teñen dereito a un nome e unha nacionalidade.
  17. Os nenos teñen dereito a non ser discriminados por sexo, credo, raza ou relixión.