Para conmemorar o Día Internacional do Libro realizamos unha actividade que nos gusta un montón: o apadriñamento lector.
Maiores e pequenos gozamos do pracer de ler en compañía.
Este ano, ademais, para atopar aos padriños/afillados tiñamos unha tarefa "especial". Os padriños/madriñas tiñan unha foto dunha escultura relacionada co mar e os afillados/as tiñan o nome desa escultura. Así, o azar xuntou a pequenos con maiores e xuntos buscaron o lugar que máis lles gustaba no patio para gozar do libro que Sabela tiña preparado para cada un.
Os afillados agasallaron aos seus padriños cuns fermosos marcapáxinas mariñeiros.
O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. No cole fixemos un montón de actividades con poesías relacionadas co Mar.
Dende recitados de poesía sobre o Mar, elaboración de poemoas propios, escritura de poemas sobre faros,caligramas e ata aprendemos matemáticas contando e multiplicando versos!!
Boas, rapaces e rapazas:
Os maiores están aproveitando os recreos para aprender algo de robótica utilizando un Escornabot. Realizaremos a montaxe seguindo unha guía e, cando funcione, deseñaremos actividades para que xoguen e aprendan con el os máis pequenos.
Aquí tedes unhas fotos das primeiras sesións.
Bueno, aínda que un pouco tarde, aquí deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos na biblioteca coas actividades do mes da ciencia. Agardamos que vos guste.
Por fin comezamos cos nosos experimentos!!! Depois de ler as instrucións e atender ás explicacións, fixemos "trucos de maxia" con base científica. Sabes o que pasa cando mesturas vinagre e bicarbonato? E se pintas nun folio con limón e lle das calor? Para coñecer estes e outros misterios da ciencia, xa sabes, ven á biblioteca!!!
Ola nenos e nenas:
Este mes, é o mes da ciencia e, para celebralo, imos realizar na biblioteca todo tipo de experimentos. Xogaremos a ser científicos e manipularemos diferentes obxectos e elementos para conseguir cousas que case parecen maxia.
Así que, xa sabedes, tanto se vos gusta a ciencia coma se non, pasade nos recreos pola biblioteca. Estades todos e todas invitados.
Moi boas, nenos e nenas: Aquí tedes algunhas fotos da actividade. Fixéchedes un traballo fantástico recomendando lecturas aos demais. Seguide así e seredes uns grandes lectores e lectoras. Isto vai vento en popa.
Ola nenos e nenas: O día 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca e, para conmemoralo, imos realizar un "Carrete de lecturas". Que é iso? Pronto o saberedes.
De momento, ide pensando no voso libro favorito. Algún que vos gustou especialmente e que queirades recomendar aos compañeiros e ás compañeiras. Moitos bicos.
Benvidos, mariñeiros e mariñeiras. Comezamos un novo curso e temos preparada unha nova aventura. Sabela vainos levar ao mar e alí coñeceremos todo o que sucede por dentro e por fora del. Estades preparados? Lembrade que xa tedes traballo. Sodes quen de completar a mensaxe misteriosa?
Surca os mares e investiga
esta viaxe hai que facela
imos todos a montar
no gran barco de Sabela
martes, 3 de maio de 2016
DÍA DO LIBRO
Como actividade conmemorativa do Día do Libro, marchamos todos a ler ao patio do colexio. Os maiores contamos contos aos pequenos e pasámolo xenial. Aquí tedes unhas imaxes.
Atención, atención: Faise saber a todo o alumnado do CEIP de Rubiáns que será convocado polo CEMAL nas vindeiras semanas para unha minuciosa revisión médico-lectora. Nela, establecerase un tratamento individualizado co que se pretende curar todos os males de espíritu, aledar almas, arrincar sorrisos, cultivar coñecementos e fomentar a imaxinación. Así que, xa sabedes, estade atentos á vosa cita médica.
Amiguiños! Enteiráchedesvos? O vindeiro venres día 20 de marzo haberá un eclipse total de sol.
Dende Pontevedra poderemos ver un 78% do sol oculto tras a lúa. O eclipse iniciarase ao redor das 09:05 da mañá, sendo o momento de maior ocultación ás 10:07 e rematando ás 11:15.
Dende algunhas asociacións propóñense diferentes actividades como charlas e observacións. O máis próximo é o que organiza en Pontevedra a Asociación astronómica Siro.
A Pedra do Encanto... Que nome tan fermoso para unha pedra! Deixa voar a imaxinación e da lugar a lendas.
Pero malia ser unha laxe de gran valor chegou a modernidade e rompeu por mor dunhas obras. Agora está case destruída pero aínda se conserva o calco feito por Gil y Casal en 1916 e se poden ver os seus restos na estrada vella de Bamio.
En 2008 publicouse unha nova na que se daba a coñecer a existencia de un conxunto espectacular de petróglifos en Saiar, A Laxe dos Bolos, considerada unha das maiores inscricións rupestres de Galicia.
Cando se estuda un grabado nas rochas faise un calco dos debuxos en papel e este foi realizado en 1980 por Antonio de la Peña, segundo publicou La Voz de Galicia.
Agora que xa sabedes que a nosa convidada é Dona Beatriz Comendador Rey, decana da facultade de Historia da Universidade de Vigo, imos coñecer un pouquiño a Historia da nosa vila.
Beatriz Comendador está especializada na Prehistoria, ese período de tempo do que non hai escritos e para coñecer os usos e costumes da época hai que estudar os restos que van aparecendo. Deso encárganse os arqueólogos e arqueólogas.
A nosa zona leva habitada miles de anos e unha mostra deso podemos atopala nos petróglifos de Os Ballotes, en Bamio (Vilagarcía de Arousa).
Podedes ler algunha información máis no Faro de Vigo.
Xa chega o Día da Muller! Ese día no que lembramos un pouquiño máis a todas aquelas mulleres que fan un traballo difícil, ou considerado de homes, pero sen esquecernos de todas aquelas que traballan nas súas casas, coidan ás súas familias ou buscan un traballo sen poder atopalo.
Como cada 8 de marzo dende hai 4 anos unha muller virá a visitarnos para darnos a coñecer o seu oficio. Quen será nesta ocasión? Propoñémovos un novo xogo para averigualo.
No mes adicado á ciencia nas bibliotecas escolares aconteceu un feito que marcará a Historia: a chegada por primeira vez dunha sonda espacial a un cometa.
Tras dez anos de traballo Rosetta e Philae chegaron ao seu destino, o cometa 67P. O proxecto depende da Axencia Espacial Europea (ESA).
Historicamente a discriminación da
muller foi unha constante na nosa terra, polo que mulleres coma María Pita ou Isabel Barreto tiveron que facerse pasar por homes.
No século XIX Rosalía de Castro, Concepción
Arenal e Emilia Pardo Bazán loitaron porque se recoñecese o papel da muller e vivira con dignidade.
Este ano, no Día da Paz non podiamos esquecernos de Nelson Mandela (1918-2013).
Comezaremos
co poema máis famoso de William Ernest Henley (1849-1903), o que lle
sirveu de inspiración a Mándela durante a súa estancia no cárcere. Foi
escrito
en 1875, e publicado por primeira vez en 1888 no "Libro de poemas".
Invictus Out of the night that covers me,
Black as the pit from pole to pole,
I thank whatever gods may be
For my unconquerable soul. In the fell clutch of circumstance
I have not winced nor cried aloud.
Under the bludgeonings of chance
My head is bloody, but unbowed. Beyond this place of wrath and tears
Looms but the Horror of the shade,
And yet the menace of the years
Finds and shall find me unafraid. It matters not how strait the gate,
How charged with punishments the scroll,
I am the master of my fate:
I am the captain of my soul.
Podedes ver agora un cómic realizado con este poema por Zen pencils e traducido por El Guindilla.