venres, 19 de xuño de 2020
martes, 12 de maio de 2020
SABELA PRESENTA...LETRAS GALEGAS 2020!
Atopámonos en Maio, no Mes das Letras, e o vindeiro día 17 celebraremos o Día das Letras Galegas.
Este ano dedícaselle á figura de Ricardo Carvalho Calero. Así que para coñecer a este escritor, creamos uns xogos interactivos: un encrucillado e unha sopa de letras.
Para acceder aos xogos, unha vez que lle deades a comezar, debedes clicar na icona "pantalla completa" que está arriba á dereita.
Nestas páxinas de Seminariogalán.org e da Real Academia Galega tamén podedes acceder á biografía do autor e a diferentes actividades tanto descargables coma interactivas. Só tedes que clicar nas imaxes.
xoves, 23 de abril de 2020
FELIZ DÍA DO LIBRO!
Vedes como as sorpresas aínda non remataban? Para celebrar este día temos dúas para todos vós.
A primeira é este marabilloso conto, elixido este ano para esta data tan especial polos valores que representa e que leva por título "Vivan las uñas de colores". Está contado con moito agarimo por todo o profesorado do cole.
A segunda é outro conto porque o día o merece! Esta vez de mans da nosa profe auxiliar de conversa, Mónica e titúlase "My dog is smelly as dirty socks".
Esperamos que os disfrutedes!
De parte de Sabela e de todo o profesorado , MOI FELIZ DÍA DO LIBRO!
martes, 21 de abril de 2020
SABELA PRESENTA...A SEMANA DO LIBRO!
Benvid@s á Semana do Libro!!
O próximo xoves 23 de abril conmemórase o Día do Libro e, para celebralo, Sabela proponvos varias opcións con actividades relacionadas co mundo dos contos e dos libros, deixando voar a vosa imaxinación e creatividade.
Por último, a editorial Baía permítenos durante este confinamento o acceso a libros en galego e por idades para que os cativ@s disfruten da literatura na nosa lingua, facendo un uso responsable dos mesmos. Deixámosvos aquí o enlace á editorial:
https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/
E aínda nos queda algunha sorpresa máis...!!
Ata pronto!
#Sabelaquedanacasa
#Rubiánsquedanacasa
luns, 30 de marzo de 2020
2 ABRIL-DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL!
Para conmemorar o Día Internacional do libro infantil, Sabela, a través de Galix (a Asociación Galega do libro infantil e xuvenil), convídavos a participar no concurso organizado por dita asociación "Un poema na túa voz".
Así, para estes días de confinamento, GALIX da a oportunidade de participar en familia no concurso. Trátase de que escollades un poema tradicional galego ou de autor e gravedes aos nen@s recitándoo. Despois tedes que enviar o arquivo ao correo da asociación, acompañándoo dos vosos datos e dos datos do poema escollido.
Si pinchades na imaxe, tedes ahí toda a información para participar.
venres, 27 de marzo de 2020
SABELA QUEDA NA CASA!
Para facer máis amenos estes días na casa, Sabela preséntavos unha serie de recursos coma libros, sesións con contacontos e teatro. Aquí van:
-Eloy Moreno permite que descarguemos durante estes días de forma gratuita o seu libro "Cuentos para quedarse en casa". Unha colección de breves historias para ler en familia. Podedes descargarlo na seguinte imaxe:
-"Rosa contra el virus" é un libro escrito polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid para explicarlle aos cativ@s que é un virus e como xestionar as emocións. Ideal tamén para un momento de lectura en familia! Podedes descargalo gratuitamente na seguinte imaxe:
-Kalandraka TV permítenos gozar da súa sección de contos contados. Aquí tendes varias sesións de contacontos no seguinte enlace:
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33
-O Festival Atlántica de Narración Oral amósanos, a través do seu canal en Youtube, contos e cancións de diferentes artistas co lema "O conto non para". O pasado 20 de marzo foi o Día Mundial da Narración Oral e que mellor forma de celebralo que accedendo ao seguinte enlace:
https://www.youtube.com/channel/UCybGqXgBwX8oh7HOk0y6HRg
-Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro. Por iso como último recurso, presentamos a Urdime e o seu festival online "Cantos e contos dende o poleiro". Na súa sección "Cacarexando na memoria" podemos gozar de vídeos en aberto de obras de teatro, entre outros.
Pinchade nas imaxes e deixámosvos coas pezas "A Nena e o Grilo nun barquiño" e "Rubicundo" de Teatro Ghazafelhos :
Esperamos que vos gusten e vos teñan entretid@s un anaco!!
Moito ánimo!! E recordade...
#Sabelaquedanacasa
#Rubiánsquedanacasa
luns, 9 de marzo de 2020
mércores, 15 de xaneiro de 2020
xoves, 24 de outubro de 2019
Os fantásticos libros do CEIP P. de Rubiáns
A historia encantounos, non deixedes de lela!
xoves, 12 de setembro de 2019
Sesión curtas!
Ao chegar ao cole o primeiro día entregáronnos unha entrada de cine que tiñamos que conservar.
Todos nos preguntabamos para que sería.
O xoves desvelouse o segredo: tiñamos unha sesión de curtas!
Para iniciarnos no proxecto deste ano visualizamos diferentes curtas; unas fixeronnos rir e outras asomaron algunha bágoa aos ollos e de todas aprendemos algo.
mércores, 11 de setembro de 2019
Quen é quen?
Este curso vai ser de cine!
Para empezar terás que recoñecer os personaxes das que veñen caracterizados os profes e a que peli pertencen!
É moi fácil! Fíxate ben!
Completa a ficha que te entregaron no cole e, cando finalices deposita o papel na caixa de correos da entrada da biblioteca antes do 17 de stembro.
Se tes todo correcto recibirás cromos para completar o álbum de Sabela.
Boa sorte e ..... Sabela, cámara e acción!!
Comezamos!!
mércores, 24 de outubro de 2018
COMEZAMOS UNHA NOVA VIAXE!!!
sábado, 12 de maio de 2018
Actividades Letras Galegas 2018
Demostra canto sabes!!!
mércores, 2 de maio de 2018
Visita Susa Herrea
No CEIP de Rubiáns encántannos as visitas e nesta ocasión, tivemos a sorte de contar coa visita de Susa Herrera.
Susa veu presentarnos o seu traballo "Cantos animais" un libro-disco cheo de alegres cancións nos que os protagonistas son os animais que tanto nos gustan: o cangrexo, o crocodilo, a xoaniña o elefante e ata un poni que falaba "inglés do que se entende"
Coa súa música, fixo as delicias non só dos máis pequenos do cole se non tamén dos mestres (moitos antigos alumnos de Susa na Universidade)
luns, 23 de abril de 2018
Día do Libro 2018
Fixemos unha actividade que nos encanta. De 3º a 5º apadriñamos a un neno/a ao que lle lemos un conto escollido por nós.
Este ano tivemos moita sorte, fixo un día marabilloso así que puidemos gozar da lectura ao aire libre.
Ao rematar os nosos "afillados" agasalláronnos cun marcapáxinas de "Sabela viaxa no tempo" moi chulo.
Tamén fixemos un minilibro sobre os castros.
Lembra: “Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora”.
Proverbio Indú.
domingo, 22 de abril de 2018
PRESENTAMOS O "RECUNCHO DE LECTURA FAMILIAR"
Todos os martes pola tarde e, co seu número de carné de lector/a, poderedes levalos prestados. PREGUNTADE AO PERSOAL DA BIBLIOTECA.
xoves, 19 de abril de 2018
TORNEO PARCHÍS
Se queres comprobalo, apúntate ao I Torneo de Parchís do CEIP de Rubiáns e demostra a túa calidade.
xoves, 8 de marzo de 2018
CIENCIA NA ESCOLA
martes, 19 de decembro de 2017
Recomendacións de lectura
Dende os máis cativos aos máis pequenos non esquezades incluír na vosa carta algún libro porque xa sabedes que "Ler non pasa de moda"
















