mércores, 21 de decembro de 2022

xoves, 27 de xaneiro de 2022

CIENCIA NA BIBLIO

 Na biblio fixemos un experimento espeluznante. Utilizando unha receita de tempos antigos, mesturamos misteriosos elementos nas cantidades xustas e logramos facer aparecer da nada unha serpe negra e luminosa. Aquí tedes o resultado... 

martes, 21 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2021

 Boas,

compartimos con todos e todas as recomendacións lectoras deste Nadal e aproveitamos para desexar:

Felices Festas!

Unha aperta,

Sabela

martes, 26 de outubro de 2021

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

 Bo día nenos e nenas:

Comezamos por fin un novo curso. Un curso artístico no que Sabela vainos propoñer un montón de actividades dende a biblioteca relacionadas co proxecto deste ano.

E para iniciar, proponvos un reto. Sodes quen de identificar aos seguintes pintores e pintoras utilizando as pistas? Podes pedir axuda ou utilizar as búsquedas en internet. Sorte!!!

venres, 18 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021!

     Este curso tan atípico está chegando ao seu fin, pero dende a biblioteca queremos recordar a importancia da lectura por pracer durante estes meses de desconexión e descanso.

    Dalgunha forma así podremos viaxar coa mente a través de diferentes historias, épocas ou personaxes. 

     Por iso dende a biblioteca de Rubiáns, Sabela recoméndavos lecturas por idades, pero tamén en diferentes idiomas ou para compartir coa familia.

Bo verán!