domingo, 30 de outubro de 2011
sábado, 29 de outubro de 2011
O DISCÓBOLO DE MIRÓN
O Discóbolo de Mirón representa un atleta no momento anterior ó lanzamento do disco, unha das probas dos Xogos Olímpicos da antigüidade.
venres, 28 de outubro de 2011
HOWARD GARDNER, PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS
Hai uns días o psicólogo Howard Gardner foi galardoado co premio príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2011.
Tradicionalmente entendeuse a intelixencia como a facultade de coñecer, analizar, comprender e resolver problemas. Gardner redefine a intelixencia establecendo 8 tipos diferentes: Intelixencia lingüística, lóxico-matemática, naturalista, espacial, musical, cinético-corporal, interpersonal e intrapersonal. (Ler máis)
xoves, 27 de outubro de 2011
RECOLLIDA DE CARTUCHOS DE IMPRESORA
E seguimos coidando o medioambiente de paso que facemos outra cousa. Nesta ocasión trátase de non tirar ó lixo os cartuchos de impresora que xa están baldeiros.
Estamos inscritos nun concurso de recollida de cartuchos no que ademáis de darnos uns céntimos por cada cartucho entregado podemos optar a un premio económico.
Lembrade!: Non tirades cartuchos de tinta baleiros ó lixo. Traédeos ó cole e teremos un dobre beneficio: coidaremos o noso planeta e gañamos uns cartiños.

mércores, 26 de outubro de 2011
RUBIÁNS CON DIOGO
Como supoño que xa sabedes Diogo Farinhoto precisa da vosa axuda. Diogo é un neno portugués que naceu enfermo e precisa dunha operación moi cara para que lle poñan unha man. O único xeito de poder pagala é reunindo 19 toneladas de plástico. E ahí é onde entrades vós, rapaces.
Imos axudarlle reunindo todos os tapóns de plástico que poidamos e os envases que teñan no seu fondo un triángulo cos números 2, 4 ou 5 dentro del. Ademáis, ó mesmo tempo, coidamos o medioambiente.
Temos ata o día 18 de Novembro para conseguilo!
ÁNFORA GREGA
Uns arqueólogos atoparon os restos dunha ánfora grega. Podedes pegalos para recompoñela?
martes, 25 de outubro de 2011
SAMAÍN 2011
Este ano estamos a celebrar o Samaín co "mural dos medos" e un concurso-exposición de cabazas.
Imos disfrutar de medo!!!
O venres, ademáis, queimarémos os nosos medos, leremos contos de medo e veremos unha película.
Imos disfrutar de medo!!!
SAMAIN
SAMAIN
A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta. Esa noite o outono daba paso ó inverno. E, sabedes?, ós druídas (os magos celtas) lles gustaban tanto as baias de acivro, carballos e aciñeiras coma a min e por eso as recollían esa noite para facer maxia.
Hoxe en día prendemos as luces nas cabazas en recordo daqueles lumes que acendían para guiar ós mortos na escuridade da noite.
Si queres xogar con este crebacabezas arrastra as pezas ata que formes a cabaza.
luns, 24 de outubro de 2011
domingo, 23 de outubro de 2011
RECONSTRÚE A ACRÓPOLE DE ATENAS
Arrastra cada peza ata o seu lugar. Podedes pechar a imaxe do modelo ou movela para un lado.
Se pinchades na pantasma aparece ou desaparece o fondo.
venres, 14 de outubro de 2011
AS MOCHILAS VIAXEIRAS SEGUEN O SEU CAMIÑO
As mochilas viaxeiras seguen o seu camiño e xa están na 2ª etapa.
Recordade que neste curso poderedes telas na casa 12 días e, nesta ocasión, deben voltar ó centro o vindeiro mércores 19 de outubro.
Recordade que neste curso poderedes telas na casa 12 días e, nesta ocasión, deben voltar ó centro o vindeiro mércores 19 de outubro.
GRECIA: BERCE DOS XOGOS OLÍMPICOS
Ás vosas casas chegaron peticións para que, en familia, busquedes imaxes e/ou información sobre vestimentas, arte, deuses e mitoloxía... Con elas completaremos o mural que está no corredor da biblioteca sobre este tema e que logo poderedes visitar.
Grazas pola vosa colaboración.
mércores, 5 de outubro de 2011
GRAZAS POR VIR Á MIÑA CASA
Que ilusión! Tiña moitísimas ganas de vervos e polo que vexo tamén vós a mín.
Como vedes, este curso levo a antorcha olímpica!!!, xa que o título do noso Proxecto é "Sabela nos Xogos Olímpicos".
Hoxe a biblioteca estivo chea de grandes amigos, de grandes lectores, de moita ilusión... que despois da espera estaban desexando retirar os seus libros favoritos. Espero que vos gusten.
Vémonos de novo mañá.

martes, 4 de outubro de 2011
MOCHILAS VIAXEIRAS
Ola familias:
Recordade que mañá deben voltar ó centro as mochilas viaxeiras para que continúen a visita ás casas doutras familias.
Lembrade tamén que a biblioteca está aberta tamén para vós, e nela podedes atopar diferentes obras que vos poden interesar.

luns, 3 de outubro de 2011
APERTURA DA BIBLIOTECA
Ola rapaces!
Nenos e maiores espérovos na "biblio"!
Mañá será o gran día no que abriremos de novo as portas da biblioteca. Novos axudantes, novos libros, novos murais... Estamos preparando novas actividades para pasalo ben mentres aprendemos.
Nenos e maiores espérovos na "biblio"!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)