martes, 21 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2021

 Boas,

compartimos con todos e todas as recomendacións lectoras deste Nadal e aproveitamos para desexar:

Felices Festas!

Unha aperta,

Sabela

martes, 26 de outubro de 2021

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

 Bo día nenos e nenas:

Comezamos por fin un novo curso. Un curso artístico no que Sabela vainos propoñer un montón de actividades dende a biblioteca relacionadas co proxecto deste ano.

E para iniciar, proponvos un reto. Sodes quen de identificar aos seguintes pintores e pintoras utilizando as pistas? Podes pedir axuda ou utilizar as búsquedas en internet. Sorte!!!

venres, 18 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021!

     Este curso tan atípico está chegando ao seu fin, pero dende a biblioteca queremos recordar a importancia da lectura por pracer durante estes meses de desconexión e descanso.

    Dalgunha forma así podremos viaxar coa mente a través de diferentes historias, épocas ou personaxes. 

     Por iso dende a biblioteca de Rubiáns, Sabela recoméndavos lecturas por idades, pero tamén en diferentes idiomas ou para compartir coa familia.

Bo verán!

venres, 14 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021!

 Boas, esta semana con motivo das Letras Galegas realizamos no centro diferentes actividades. Este ano dedícanselle á escritora Xela Arias. 

Para coñecer a figura de Xela creamos uns xogos interactivos a través da páxina Liveworksheets que o alumnado pode realizar a través desta ligazón:

https://es.liveworksheets.com/vu1848237hi

Pero, ademais de poeta, Xela tamén foi traductora. Así cada aula escolleu un libro en castelán e o alumnado traduciu ao galego tanto a portada coma un anaco da historia, converténdose en auténticos traductores de libros!

O resultado quedou fantástico! A continuación podedes velo.




Se queredes desfrutar dos versos de Xela en forma de canción, tamén vos deixamos unha peza da Banda da Loba, onde cantan un dos seus poemas do fermoso libro Darío a Diario.

https://www.youtube.com/watch?v=iNdZbXZUYGU

Ata a próxima,

Sabela!


domingo, 25 de abril de 2021

ABRIL, MES DO LIBRO!

 Boas, durante este mes estivemos celebrando o mes do Libro con diferentes actividades coma encontros con escritores mediante vídeoconferencias onde o alumnado dos diferentes cursos tiveron a oportunidade de ler os seus libros e preguntarlles dúbidas. 

E, este pasado venres 23 de abril,  para conmemorar o Día do Libro a escritora Maite Mosconi fíxonos unha visita e contounos lendas e historias sobre o seu libro Guerreiras de Lenda. O alumnado tamén puido facerlle preguntas.

Para este día o alumnado leu o seu libro e fixo diferentes actividades que lles mostramos á escritora coma debuxos ou anacos das súas lendas cambiando un pouco a historia. Ademais, Maite regaloulles un marcapáxinas sobre unha das lendas do libro "A lobra branca" que o alumnado puido decorar.

Grazas Maite pola túa visita!








Este mes foi un tempo de moita lectura e coñecemos moitas historias: a de Lupa e a Loba Branca, a da Lúa que estivo presa nun castelo, a de Alba e as Lavandeiras, a dunha Superavoa ou a de Carme e a súa familia esperando noticias do seu pai que naufragou no mar, entre outras.

Esperamos que Sabela nos siga amosando novas aventuras e nos axude a seguir enchendo as nosas cabeciñas de coñecemento, pensamento e imaxinación.

FELIZ DÍA E MES DO LIBRO!

Ata a próxima.




xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA

 Boas, 

hoxe, 11 de febreiro, conmemoramos o Día da Muller e Nena na ciencia e dende a biblio preparamos un taboleiro coas mulleres máis destacadas neste eido: mulleres que gañaron Premios Nobel, científicas españolas e galegas, así coma, alumnas do centro que amosaron os seus experimentos.

Por grupos, cada curso, observou o taboleiro e aprendeu grandes descubrimentos de grandes científicas.

Tamén fixemos unha selección de lecturas para a Hora de Ler.






Ata pronto!

martes, 26 de xaneiro de 2021

LECTURAS POLA PAZ

 Boas,

Con motivo do Día Escolar da Non Violencia de da Paz que se celebra este vindeiro 30 de xaneiro, Sabela convida a todo o alumnado a compartir lecturas pola paz.

Neste sentido, dende a biblioteca escolar, facemos varias propostas para esta semana onde o alumnado poderá coñecer diferentes historias e a distintos personaxes que loitaron por un mundo en paz.





Ata pronto!