domingo, 8 de decembro de 2013

martes, 29 de outubro de 2013

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Noraboa rapaces! Un ano máis deixádesme abraiada co fermosas e orixinais que son as vosas cabazas.
Velaí vai unha mostra. En canto poidamos seguiremos poñendo máis fotiños.

mércores, 9 de outubro de 2013

A xogar!

Neste xogo comprobaredes canto aprendéchedes sobre a vendima.
No CEIP Francisco Xavier da Coruña fixeron un traballo sobre a RIBEIRA SACRA e a VENDIMA. Podedes aprender moitas cousas premendo na imaxe.



A VENDIMA

Queredes saber como se facía a vendima antigamente? Pois mirade este vídeo.

ESTE ANO VAI DE TROULA!

Ola, nenos:
Que tal pasáchedes o verán? Seguro que xenial, entre a praia, as festas, a familia... Pero coido que despois duns días de descanso tamén empezáchedes á aburrirvos, así que estamos dispostos a facer unha chea de cousas.
Estiven falando cos vosos mestres e pedinlles que me ensinasen un pouco máis dos vosos costumes, das vosas festas, das tradicións desta terra que xa é un pouco miña. E eles enseguida pensaron que podía ser o tema de traballo deste ano e puxéronse mans á obra.
Xa veredes cantas cousas interesantes imos descubrir!

xoves, 16 de maio de 2013

ROSALÍA DE CASTRO

Como xa sabedes o próximo 17 de maio conmemórase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Queredes saber algo dunha das escritoras máis importantes de Galicia? Xoga con estes LIMs que nos fixeron nos colexios CEIP Alexandre Bóveda e CEIP Nosa Señora das Dores.



mércores, 15 de maio de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO


Xoaquín Frei comparte connosco esta presentación sobre Bolaño. É un moi bo resumo para coñecer a este autor.

UN POUCO MÁIS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O día das Letras Galegas deste ano está adicado a Roberto Vidal Bolaño. Autor, actor, director, escenógrafo e mesmo de iluminador de múltiples obras polas que recibiu numerosos premios. 
Podedes aprender cousas sobre el mentres xogades coas actividades que nos propoñen dende o Seminario Galán.

INFANTIL

Actividades sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño para Educación   Infantil
INFANTIL

 Actividades sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil
1º CICLO
Actividades sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño para o 1º ciclo
1º CICLO

 Actividades sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño para o 1º ciclo
2º CICLO

 Actividades sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño para o 2º ciclo
2º CICLO

Actividades sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño para o 2º ciclo
3º CICLO

 Actividades sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño para o 3º ciclo
3º CICLO

Actividades sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño para o 3º ciclo


   Si che gusta xogar a Pasapalabra non dubides en probar este
                                                     BrincaLetras que atopamos no espazo Abalar.

venres, 10 de maio de 2013

MARUJA MALLO

Como xa sabedes neste terceiro trimestre estamos a traballar á pintora galega Maruja Mallo. Para aprender un pouquiño máis sobre ela, temos preparada unha webquest. Pasádeo ben navegando.




sábado, 20 de abril de 2013

SUSA HERRERA

Sí amiguiños, adiviñáchedelo! Claro, co que nos gustan as súas cancións!
Nesta ocasión a gran Susa Herrera cantaranos cancións sobre os libros do Señor COC. Animádesvos a pasalo ben?

venres, 19 de abril de 2013

OS LIBRO-CD DA NOSA CONVIDADA

Algúns dos traballos da nosa convidada son:

  • Cartas que veñen e van
  • Todos os animais ó caixón (con Mamá Cabrá) 
  • Animais encantadores
  • En Cabárceno se oye cantar, última producción

xoves, 18 de abril de 2013

Á NOSA CONVIDADA ENCÁNTALLE CANTAR

Unha das súas cancións di así:

Que un león en la cama no es un camaleón.
Que un león en la cama no es un camaleón.

 XA SABEDES DE QUEN SE TRATA?

mércores, 17 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Xa está próxima a celebración do Día do Libro e este ano somos moi afortunados. Para conmemoralo imos ter en breve a visita dalguén moi especial. Eu aínda non o creo, nenos!

Queredes saber quen é? Pois ahí tedes unha foto súa.

Sabedes quen é?

ESTE TRIMESTRE MARUJA MALLO

Para coñecer un pouquiño da biografía desta xenial pintora galega podedes ver este vídeo.


xoves, 14 de febreiro de 2013

APRENDE MÁIS SOBRE PICASSO



UN ENTROIDO CHEO DE COR

Xa sabedes que este curso estamos a traballar a arte, por eso moitos de nós nos disfrazamos de pintores. Tamén había arlequíns, sevillanas, o grito, paletas de pintor, O kimono...

Mirade que ben o pasamos!


luns, 28 de xaneiro de 2013

QUERES SER UN ARTISTA?

Podes ser un artista e deseñar os teus propios retratos ó estilo Picasso dende este enlace.
 

PICASSO EN ACCIÓN

Queres ver a Picasso en acción? Neste vídeo podes velo pintando en 1950, con 69 anos.

UN ENTROIDO DE COR!


Ola!

Sabedes que está chegando o Entroido? E xa pensáchedes nalgún disfraz?  Non? Pois vouvos dar unha idea. Como estamos traballando a pintura podiades disfrazarvos de pintores ou de personaxe dalgún cadro, de tubo de pintura… Xa veredes ímolo pasar xenial. E eu…. de que irei?
 


 

QUERIDO COLORÍN

Colorín contestoume e eu tiven tanto que facer que non puiden quedar con el. Espero que non me esquecera e aínda queira verme. Agora tócame a min mandarlle a correspondencia.
Sei que, como din algúns nenos, o noso é un amor imposible pois el precisa do mar e eu das árbores, pero ó mellor na nosa paixón polos libros atopamos unha solución. Mirarei nos libros de consulta e tamén nos de fantasía e si queredes podedes axudarme. Si se vos ocorre algunha solución podedes poñela no apartado de comentarios.
Moitas grazas nenos por axudarme.

Podedes ver as cartas na sección de produccións propias da nosa biblioteca.