mércores, 24 de outubro de 2018

COMEZAMOS UNHA NOVA VIAXE!!!

Nenos e nenas, comeza un novo e emocionante curso no cole de Rubiáns. Este ano, vai ser un ano de viaxes polo mellor sitio do mundo: GALICIA!!! Teremos que aprender moito para axudar a Sabela a coñecela a fondo. Os seus bosques, as súas praias, as súas cidades, os seus pobos, as súas músicas, os seus deportes, os seus alimentos... e, sobre todo, a súa lingua.
Así que xa sabedes, poñede a mochila, comezade a camiñar e enchédea de experiencias e coñecementos.


sábado, 12 de maio de 2018

Actividades Letras Galegas 2018

Para facer as actividades en pantalla completa, pica nos tres puntiños e logo nas flechas.
Demostra canto sabes!!!

mércores, 2 de maio de 2018

Visita Susa Herrea

No CEIP de Rubiáns encántannos as visitas e nesta ocasión, tivemos a sorte de contar coa visita de Susa Herrera.

Susa veu presentarnos o seu traballo "Cantos animais" un libro-disco cheo de alegres cancións nos que os protagonistas son os animais que tanto nos gustan: o cangrexo, o crocodilo, a xoaniña o elefante e ata un poni que falaba "inglés do que se entende"

Coa súa música, fixo as delicias non só dos máis pequenos do cole se non tamén dos mestres (moitos antigos alumnos de Susa na Universidade)

luns, 23 de abril de 2018

Día do Libro 2018

Hoxe, como cada 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro.
Fixemos unha actividade que nos encanta. De 3º a 5º apadriñamos a un neno/a ao que lle lemos un conto escollido por nós.
Este ano tivemos moita sorte,  fixo un día marabilloso así que puidemos gozar da lectura ao aire libre.
Ao rematar os nosos "afillados" agasalláronnos cun marcapáxinas de "Sabela viaxa no tempo" moi chulo.
Tamén fixemos un minilibro sobre os castros.
Lembra: “Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora”.
Proverbio Indú.







domingo, 22 de abril de 2018

PRESENTAMOS O "RECUNCHO DE LECTURA FAMILIAR"

Xa podedes disfrutar dunha selección de títulos pensados para solucionar as dúbidas que vos xurdan na educación d@s vos@s fill@s.
Todos os martes pola tarde e, co seu número de carné de lector/a, poderedes levalos prestados. PREGUNTADE AO PERSOAL DA BIBLIOTECA.
Presentando o recuncho de lectura familiar!! from Chus Garrido on Vimeo.

xoves, 19 de abril de 2018

TORNEO PARCHÍS

Eres dos que opinan que o parchís é un xogo sinxelo? Pensas que é cuestión de sorte? Iso ocorre porque non xogaches cos mellores. E os mellores están aquí, en Rubiáns.
Se queres comprobalo, apúntate ao I Torneo de Parchís do CEIP de Rubiáns e demostra a túa calidade.

xoves, 8 de marzo de 2018

CIENCIA NA ESCOLA

Despois de todos estes meses enredando coa ciencia, vai sendo hora de ver unha pequena mostra dos espectaculares experimentos que os rapaces e as rapazas de Rubiáns prepararon na súa casa e explicaron aos seus compañeiros e compañeiras.
Seguimos facendo historia!!!


CIENCIA EN RUBIÁNS from BIBLIOTECA RUBIANS on Vimeo.