sábado, 2 de abril de 2011

DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

   O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil para estimular o amor pola lectura e promover a interese polos libros para nenos.
  Esta data foi elexida coma homenaxe ó nacemento dun dos máis populares escritores para nenos, Andersen, quen non legou unha obra chea de amor, ilusión e fantasía.
  O 2 de Abril de 1805 naceu en Odense (Dinamarca) o escritor Hans Cristian Andersen, autor de contos que aínda hoxe seguen sendo dos máis contados en todo o mundo. Pertencía a unha familia pobre e humilde e aínda que non recibiu unha gran educación o seu pai cultivou a súa imaxinación contándolle historias fantásticas. Ós 14 anos trasladouse a Copenhague para traballar e coa axuda do seu protector conseguiu rematar os seus estudos e comezar a escribir.
   Entre outras obras escribiu máis de 160 contos coma "A sereíña", "O reiseñor", "A raíña das neves", "A princesa e o chícharo", "O traxe novo do emperador" ou "O parruliño feo", que é reflexo da súa propia historia pois proviña dunha familia pobre e se converteu nun escritor famoso, igual que o parruliño feo que, de ser rexeitado por todos, ó crecer, transformouse no cisne máis fermoso.
  
     Os contos de Andersen convertéronse en clásicos e todos tivemos a oportunidade de escoitalos de pequenos. Logo chegou Disney e os converteu en éxito a través das películas, pero teñen diferencias cos contos orixinais. Por exemplo, no caso da Sereíña:
  1. Andersen non lle puxo nome a A sereíña (Ariel na película).
  2. No conto, o príncipe está namorado de outra princesa dende o principio.
  3. A bruxa de Andersen ten un papel menos importante e maligno que na versión de Disney.
  4. Os finais son completamente distintos. Aínda que non desvelaremos as diferencias para que disfrutedes buscándoas nas dúas versións.
Que vos parece si ledes este conto e tentades descubrir quen fixo esta versión? Andersen ou Disney?

Andersen é un personaxe moi querido en Dinamarca e na súa capital, Copenhague, instalaron unha escultura dunha serea na súa homenaxe. Coa publicación desta imaxe sumámonos a esta homenaxe neste día.


No hay comentarios:

Publicar un comentario