sábado, 24 de septiembre de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras comezan unha nova viaxe.  Este ano serán 9, pois xa temos unha aula máis.

Nesta ocasión, cada mochila estará con cada familia 12 días (por exemplo, saíron hoxe e regresarán o 5 de outubro) e nela atoparedes libros en galego, castelán e inglés, de lectura, para pais, de consulta, música, xogos didácticos para o ordenador...

O diario da mochila.
Gústame moito coñecer  a vosa opinión sobre a actividade, propostas de mellora, recomendacións de libros..., polo que  podedes escribir algo no diario que vai dentro da mochila.

Un agasallo.
Dentro da mochila tamén vai un agasallo para vós: un punto de lectura, para que vos acordedes de min cada vez que leades un libro.

Espero que vos guste a selección!

No hay comentarios:

Publicar un comentario