luns, 30 de abril de 2012

CONTOS EN FAMILIA

Benvidos á miña casa!
A semana pasada comezaron a achegarse pola miña casa, a biblioteca do centro, os pais e nais do alumnado de infantil para contarlles un conto ós seus fillos e compañeiros por iniciativa das súas mestras.


Eu non me perdo ningún e todos me gustan moito! Tamén ós nenos, que están moi atentos e non perden detalle. Da igual que sexan contos coñecidos ou non, teriades que ver as cariñas de ilusión...
Pero o mellor de todo é o orgullosos que se sinten cando veñen as súas familias e se convirten en protagonistas.

Espero vervos a todos por aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario