Segundo me contaron esta semana tedes unha morea de actividades previstas. Co que me gusta a min facer deporte... Igual me colo por algunha esquiniña para vervos... je, je.
Escoitade todo o que haberá:
- O luns darannos unha charla informativa sobre as precaucións que debemos tomar ó entrar en internet.
- O martes o alumnado do 3º ciclo irá a xogar a Nantes (Sanxenxo).
- O martes pola tarde (ás 18:30) será o turno para que os pais coñezen os perigos de internet e as precaucións que se deben tomar.
- O xoves virán ó noso cole os nenos do CEIP Cruceiro, de Vilalonga, para xogar cos alumnos de 3º e 4º.
- O venres será a festa do deporte e, de novo, o alumnado de 3º ciclo disfrutará dunha xornada deportiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario