Onte visitou o noso colexio Dani Barreiro, deportista vilagarcián que consigueu 2 diplomas paralímpicos nos Xogos Paralímpicos de Atlanta 1996.
Foi un día maravilloso no que todos aprendemos e disfrutamos moito. En primeiro lugar os alumnos de infantil escoitaron todo o que Dani tiñan que contarlles e logo probaron o goalball. Pasárono en grande!
Logo foi o turno dos maiores. Estiveron tan atentos e interesados e fixéronlles tantas preguntas que as profes tiveron que paralos porque senon non poderían probar todos o goalball.
Esta experiencia está recollida nos xornais de edición local. Podedes ver os artigos e fotos que publicaron nestes enlaces:
GRAZAS, DANI, POR VIR E ACERCARNOS AOS XOGOS PARALÍMPICOS E Ó MUNDO DOS DICAPACITADOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario