lunes, 28 de enero de 2013

QUERIDO COLORÍN

Colorín contestoume e eu tiven tanto que facer que non puiden quedar con el. Espero que non me esquecera e aínda queira verme. Agora tócame a min mandarlle a correspondencia.
Sei que, como din algúns nenos, o noso é un amor imposible pois el precisa do mar e eu das árbores, pero ó mellor na nosa paixón polos libros atopamos unha solución. Mirarei nos libros de consulta e tamén nos de fantasía e si queredes podedes axudarme. Si se vos ocorre algunha solución podedes poñela no apartado de comentarios.
Moitas grazas nenos por axudarme.

Podedes ver as cartas na sección de produccións propias da nosa biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario