Boas, durante este mes estivemos celebrando o mes do Libro con diferentes actividades coma encontros con escritores mediante vídeoconferencias onde o alumnado dos diferentes cursos tiveron a oportunidade de ler os seus libros e preguntarlles dúbidas.
E, este pasado venres 23 de abril, para conmemorar o Día do Libro a escritora Maite Mosconi fíxonos unha visita e contounos lendas e historias sobre o seu libro Guerreiras de Lenda. O alumnado tamén puido facerlle preguntas.
Para este día o alumnado leu o seu libro e fixo diferentes actividades que lles mostramos á escritora coma debuxos ou anacos das súas lendas cambiando un pouco a historia. Ademais, Maite regaloulles un marcapáxinas sobre unha das lendas do libro "A lobra branca" que o alumnado puido decorar.
Grazas Maite pola túa visita!
Este mes foi un tempo de moita lectura e coñecemos moitas historias: a de Lupa e a Loba Branca, a da Lúa que estivo presa nun castelo, a de Alba e as Lavandeiras, a dunha Superavoa ou a de Carme e a súa familia esperando noticias do seu pai que naufragou no mar, entre outras.
Esperamos que Sabela nos siga amosando novas aventuras e nos axude a seguir enchendo as nosas cabeciñas de coñecemento, pensamento e imaxinación.
FELIZ DÍA E MES DO LIBRO!
Ata a próxima.
Ningún comentario:
Publicar un comentario