As mochilas viaxeiras comezan unha nova viaxe. Este ano serán 9, pois xa temos unha aula máis.
Nesta ocasión, cada mochila estará con cada familia 12 días (por exemplo, saíron hoxe e regresarán o 5 de outubro) e nela atoparedes libros en galego, castelán e inglés, de lectura, para pais, de consulta, música, xogos didácticos para o ordenador...
O diario da mochila.
Gústame moito coñecer a vosa opinión sobre a actividade, propostas de mellora, recomendacións de libros..., polo que podedes escribir algo no diario que vai dentro da mochila.
Un agasallo.
Dentro da mochila tamén vai un agasallo para vós: un punto de lectura, para que vos acordedes de min cada vez que leades un libro.
Espero que vos guste a selección!
Ningún comentario:
Publicar un comentario