O 19 de marzo de 1819 o rei Fernando VII inaugurou o "Real Museo de Pintura y Escultura". Celébrase por tanto o seu 192 aniversario. O museo ten como funcións principais garantir a conservación do Patrimonio Histórico Español, exhibir as súas coleccións e fomentar o acceso a elas e o seu estudo.
Grazas ás novas tecnoloxías podemos acceder ás obras alí expostas a través da galería online, ou da enciclopedia.
Tamén podemos desfrutar de outros recursos a través de pradomedia. No apartado colección onde se poden ver audioguías moi interesantes ou juegos, onde podemos xogar a atopa-las diferencias, buscar parellas ou uni-las obras cos seus autores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario