Para facer máis amenos estes días na casa, Sabela preséntavos unha serie de recursos coma libros, sesións con contacontos e teatro. Aquí van:
-Eloy Moreno permite que descarguemos durante estes días de forma gratuita o seu libro "Cuentos para quedarse en casa". Unha colección de breves historias para ler en familia. Podedes descargarlo na seguinte imaxe:
-"Rosa contra el virus" é un libro escrito polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid para explicarlle aos cativ@s que é un virus e como xestionar as emocións. Ideal tamén para un momento de lectura en familia! Podedes descargalo gratuitamente na seguinte imaxe:
-Kalandraka TV permítenos gozar da súa sección de contos contados. Aquí tendes varias sesións de contacontos no seguinte enlace:
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33
-O Festival Atlántica de Narración Oral amósanos, a través do seu canal en Youtube, contos e cancións de diferentes artistas co lema "O conto non para". O pasado 20 de marzo foi o Día Mundial da Narración Oral e que mellor forma de celebralo que accedendo ao seguinte enlace:
https://www.youtube.com/channel/UCybGqXgBwX8oh7HOk0y6HRg
-Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro. Por iso como último recurso, presentamos a Urdime e o seu festival online "Cantos e contos dende o poleiro". Na súa sección "Cacarexando na memoria" podemos gozar de vídeos en aberto de obras de teatro, entre outros.
Pinchade nas imaxes e deixámosvos coas pezas "A Nena e o Grilo nun barquiño" e "Rubicundo" de Teatro Ghazafelhos :
Esperamos que vos gusten e vos teñan entretid@s un anaco!!
Moito ánimo!! E recordade...
#Sabelaquedanacasa
#Rubiánsquedanacasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario