domingo, 23 de outubro de 2011

RECONSTRÚE A ACRÓPOLE DE ATENAS



Arrastra cada peza ata o seu lugar. Podedes pechar a imaxe do modelo ou movela para un lado.
Se pinchades na pantasma aparece ou desaparece o fondo.

venres, 14 de outubro de 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS SEGUEN O SEU CAMIÑO

As mochilas viaxeiras seguen o seu camiño e xa están na 2ª etapa.

Recordade que neste curso poderedes telas na casa 12 días e, nesta ocasión, deben voltar ó centro o vindeiro mércores 19 de outubro.

GRECIA: BERCE DOS XOGOS OLÍMPICOS


Como sabedes, este trimestre adentrámonos nas orixes dos Xogos Olímpicos. O seu nacemento tivo lugar en Grecia, e este é o motivo polo que queremos achegarnos á cultura helénica.

Ás vosas casas chegaron peticións para que, en familia, busquedes imaxes e/ou información sobre vestimentas, arte, deuses e mitoloxía... Con elas completaremos o mural que está no corredor da biblioteca sobre este tema e que logo poderedes visitar.

Grazas pola vosa colaboración.

mércores, 5 de outubro de 2011

GRAZAS POR VIR Á MIÑA CASA

Que ilusión! Tiña moitísimas ganas de vervos e polo que vexo tamén vós a mín.
Como vedes, este curso levo a antorcha olímpica!!!, xa que o título do noso Proxecto é "Sabela nos Xogos Olímpicos".

Hoxe a biblioteca estivo chea de grandes amigos, de grandes lectores, de moita ilusión...  que despois da espera estaban desexando retirar os seus libros favoritos. Espero que vos gusten.

Vémonos de novo mañá.

martes, 4 de outubro de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola familias:
Recordade que mañá deben voltar ó centro as mochilas viaxeiras para que continúen a visita ás casas doutras familias.

Lembrade tamén que a biblioteca está aberta tamén para vós, e nela podedes atopar diferentes obras que vos poden interesar.

luns, 3 de outubro de 2011

APERTURA DA BIBLIOTECA

Ola rapaces!

Mañá será o gran día no que abriremos de novo as portas da biblioteca. Novos axudantes, novos libros, novos murais... Estamos preparando novas actividades para pasalo ben mentres aprendemos.

Nenos e maiores espérovos na "biblio"!

xoves, 29 de setembro de 2011

TEMPLO DE LECTURA

O vindeiro luns reabre as portas a biblioteca con nova decoración. Este curso deixará de ser un castelo encantado para converterse nun templo adicado á lectura.
A min e ás vosas profes ocorréusenos decorala coma o templo de Zeus en Olimpia, que estaba alá pola Antiga Grecia, e do que agora só quedan as ruínas que nos permiten facernos unha idea do que puido ser Olimpia na súa época de esplendor.


E por que será que sexa este e non outra o elemento elexido para a decoración? A resposta daréivola en breve, pero mentres xa podedes ir pensando un pouquiño a ver si dades con ela.

sábado, 24 de setembro de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras comezan unha nova viaxe.  Este ano serán 9, pois xa temos unha aula máis.

Nesta ocasión, cada mochila estará con cada familia 12 días (por exemplo, saíron hoxe e regresarán o 5 de outubro) e nela atoparedes libros en galego, castelán e inglés, de lectura, para pais, de consulta, música, xogos didácticos para o ordenador...

O diario da mochila.
Gústame moito coñecer  a vosa opinión sobre a actividade, propostas de mellora, recomendacións de libros..., polo que  podedes escribir algo no diario que vai dentro da mochila.

Un agasallo.
Dentro da mochila tamén vai un agasallo para vós: un punto de lectura, para que vos acordedes de min cada vez que leades un libro.

Espero que vos guste a selección!

mércores, 14 de setembro de 2011

¡Ai!, ¡ai!, ¡ai!, do que me enterei!

Seica o próximo verán vánse celebrar os Xogos Olímpicos. Disque son uns campionatos de moitos deportes, ou algo así. ¡Co que me gusta a min o deporte! Xa estou contando os días, as semanas que faltan para que comecen.


 
Pero se vos digo a verdade, só sei que neles participan moitos países en campionatos de moitos deportes. Vós sabedes máis cousas? Ocórreseme que podiamos aprender algúnhas cousas interesantes sobre eles:
  • Que son?
  • Cando e onde comezaron?
  • Onde e cando se van celebrar?
  • Que son eses circuliños de cores?
  • Quen participa?
  • A que deportes xogan?
E seguro que a vós se vos ocorren moitas cousas máis. Vou falar coas vosas mestras para que poñan esto en marcha e investiguemos un pouco de que vai todo esto e comezamos. Que vos parece?

PLAN MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Que contenta estou!:

Contáronme os vosos mestres que para este curso volveron a concedervos o Plan Mellora das Bibliotecas Escolares. E vos preguntaredes que quere dicir isto. Pois ben, quere dicir que estamos nun programa grazas ó cal podemos mercar diferentes materiais (mobiliario, informática, libros...). Así que durante este curso seguirán poñéndoa máis fermosa, máis cómoda, con máis libros interesantes...


Seguro que quedará preciosa.

martes, 6 de setembro de 2011

COMENZO DAS CLASES

Ola rapaces!

Que ganas teño de vervos! Este verán paseino moi ben viaxando neste mar de libros con Colorín. Tamén estiven preparando novas aventuras para compartir  convosco e...coido que vos van gustar moito.

 
Rapaces, vémonos o próximo luns 12 de setembro, que será o voso 1º día de clase, de bus, plan madruga, comedor... 

Dous avisos para as familias: 
  • A reunión dos pais cos titores que se viña celebrando o 1º día terá lugar o martes 13 pola tarde, ás 16:30.
  • Os pais/nais do alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos) terán unha reunión previa coas titoras dos seus fillos o venres 9 ás 11 da mañá.

mércores, 22 de xuño de 2011

Día de Portas Abertas

A tarde do mércores día 22 de Xuño, invitamos a todas as familias a visitar a Biblioteca... 
Temos un recuncho especial para pais e nais que esperamos ampliar coas vosas suxerencias...
Estareivos esperando!!
Sabela

martes, 7 de xuño de 2011

Visita Biblioteca Pública

O día 1 de xuño os/as alumnos/as do 1º ciclo visitamos a Biblioteca Pública de Vilagarcía. Ademais tivemos unha sesión de contacontos, na que nos rimos moito.
Tamén nos deron un impreso para facernos socios e poder levar para a nosa casa libros, pelis,revistas,...  
Gustounos moito.
.

venres, 3 de xuño de 2011

A CASTAÑA QUE ESTOUPOU COA RISA

Aínda que con un pouco (ou máis ben, bastante) retraso por fin ve a luz dixital o conto elaborado por todo o colexio no magosto. "A castaña que estoupou coa risa".



xoves, 2 de xuño de 2011

A insoportable levedade das bibliotecas escolares

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas.

mércores, 18 de maio de 2011

martes, 17 de maio de 2011

Festival Letras Galegas

   Ademais do tradicional Festival das Letras Galegas, este ano contamos coa presencia de dous gaiteiros que nos amosaron as partes da gaita galega e nos interpretaron unhas preciosas muiñeiras. Moitas grazas.

luns, 9 de maio de 2011

Día Das Letras Galegas

  Dende o Equipo de Dinamización Lingüística e da Biblioteca, achegámosvos unha recompilación de actividades sobre LOIS PEREIRO, poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
  Pinchade NA FOTO.

domingo, 3 de abril de 2011

LECTORIÑO 2011

Entre o 7 e o 9 de Abril desenvolveranse as actividades do Lectoriño 2011 que organiza, coma cada ano a Concellería de Xuventude e Solidariedade do Concello de Vilagarcía de Arousa.
As portas do Auditorio Municipal abriranse cada día ás 5:30 da tarde para gozar coa exposición de literatura infantil e xuvenil, os títeres, monicreques, o obradoiro de contacontos, música e mimo, teatro, música e maxia.
A entrada, como de costume, é gratuíta. Si queredes mási información sobre os horarios das diferentes actividades premede aquí.

sábado, 2 de abril de 2011

DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

   O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil para estimular o amor pola lectura e promover a interese polos libros para nenos.
  Esta data foi elexida coma homenaxe ó nacemento dun dos máis populares escritores para nenos, Andersen, quen non legou unha obra chea de amor, ilusión e fantasía.
  O 2 de Abril de 1805 naceu en Odense (Dinamarca) o escritor Hans Cristian Andersen, autor de contos que aínda hoxe seguen sendo dos máis contados en todo o mundo. Pertencía a unha familia pobre e humilde e aínda que non recibiu unha gran educación o seu pai cultivou a súa imaxinación contándolle historias fantásticas. Ós 14 anos trasladouse a Copenhague para traballar e coa axuda do seu protector conseguiu rematar os seus estudos e comezar a escribir.
   Entre outras obras escribiu máis de 160 contos coma "A sereíña", "O reiseñor", "A raíña das neves", "A princesa e o chícharo", "O traxe novo do emperador" ou "O parruliño feo", que é reflexo da súa propia historia pois proviña dunha familia pobre e se converteu nun escritor famoso, igual que o parruliño feo que, de ser rexeitado por todos, ó crecer, transformouse no cisne máis fermoso.
  
     Os contos de Andersen convertéronse en clásicos e todos tivemos a oportunidade de escoitalos de pequenos. Logo chegou Disney e os converteu en éxito a través das películas, pero teñen diferencias cos contos orixinais. Por exemplo, no caso da Sereíña:
  1. Andersen non lle puxo nome a A sereíña (Ariel na película).
  2. No conto, o príncipe está namorado de outra princesa dende o principio.
  3. A bruxa de Andersen ten un papel menos importante e maligno que na versión de Disney.
  4. Os finais son completamente distintos. Aínda que non desvelaremos as diferencias para que disfrutedes buscándoas nas dúas versións.
Que vos parece si ledes este conto e tentades descubrir quen fixo esta versión? Andersen ou Disney?

Andersen é un personaxe moi querido en Dinamarca e na súa capital, Copenhague, instalaron unha escultura dunha serea na súa homenaxe. Coa publicación desta imaxe sumámonos a esta homenaxe neste día.


sábado, 26 de marzo de 2011

3º TRIMESTRE

Durante o  terceiro trimestre  imos traballar os contos clásicos onde aparecen  OS ANIMAIS  como protagonistas:
Educación Infantil 3-4 anos:"Os sete cabritos".
Educación Infantil 4-5 anos:"O gato con botas".
Educación Primaria: 1º:"A lebre e a tartaruga".
                               2º:"A ratiña presumida".
                               3º:"O frautista de Hamelin".
                               4º:"O patiño feo".
                               5º:"Riciños de ouro".
                               6º:"Os músicos de Bremen".
  Coa compaña dos animais parécenos unha boaa maneira de rematar o curso.

MES DA PRENSA

Este ano adicámoslle á "Semana da Prensa" todo o mes de marzo, xa que pedimos colaboración ás diversas embaixadas do mundo no noso país. Agradecémoslles moito a súa participación coa que poidemos facer unha extensa exposición.

luns, 21 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DA POESÍA: A COLORÍN

Ai! o amor... O amor fai tolear.
Eu toleo, toleo polo meu colorín
escribeume cartas tan fermosas
que a barriga voltas me da.

Teño que falar con el,
falar con el para velo
e ter esa primeira cita
a non moito tardar.


Neste Día da Poesía
de el non me podo esquecer,
pois tantas poesías leo
que máis grande fan o meu querer.

A COLORÍN

Prados verdes me rodean
Rincones bellos para enamorar
Imagino tantas cosas…
Mares de hermoso coral.

A tu lado quiero estar
Viajando sin dudar,
En tierra o en el mar
Riendo sin parar.
Ay!, mi caballito de mar.

COLORÍN

Caballito de mar eres
Oteando estás en la mar;
Lejos de ti yo me encuentro
Oh, cariño! sólo quiero llorar.
Recuerdo aquellas cartas
Imposibles de olvidar,
Nada soy si tú no estás.

luns, 14 de marzo de 2011

LER ESTÁ DE MODA

Xa non hai excusas. Ler está de moda: o "book" pódese empregar en calquer lugar, nunca se queda sen batería e con el pódese disfrutar, viaxar, aprender...

Non esquezades o accesorio opcional: marcapáxinas, que permite abrir o "book" xusto no lugar onde se rematou a vez anterior.

SAN VALENTÍN

O pasado 14 de febreiro celebramos no noso colexio o día de San Valentín con poesías e cartas de amor. E como non podía ser doutro xeito eu mandeille unha carta ó meu príncipe azul, máis ben ó cabaliño de mar que me roubou o corazón. (Colorín é, por si non o sabedes, a mascota da biblioteca do CEIP de Vilaxoán.) E el contestoume!!!!!!!!!!!! Aínda me tremen as patiñas! Que nervios! Como me late o corazón só de pensalo....

En canto me repoña un pouco seguireivos contando...