Boas,
compartimos con todos e todas as recomendacións lectoras deste Nadal e aproveitamos para desexar:
Felices Festas!
Unha aperta,
Sabela
Boas,
compartimos con todos e todas as recomendacións lectoras deste Nadal e aproveitamos para desexar:
Felices Festas!
Unha aperta,
Sabela
Bo día nenos e nenas:
Comezamos por fin un novo curso. Un curso artístico no que Sabela vainos propoñer un montón de actividades dende a biblioteca relacionadas co proxecto deste ano.
E para iniciar, proponvos un reto. Sodes quen de identificar aos seguintes pintores e pintoras utilizando as pistas? Podes pedir axuda ou utilizar as búsquedas en internet. Sorte!!!
Este curso tan atípico está chegando ao seu fin, pero dende a biblioteca queremos recordar a importancia da lectura por pracer durante estes meses de desconexión e descanso.
Dalgunha forma así podremos viaxar coa mente a través de diferentes historias, épocas ou personaxes.
Por iso dende a biblioteca de Rubiáns, Sabela recoméndavos lecturas por idades, pero tamén en diferentes idiomas ou para compartir coa familia.
Bo verán!
Boas, esta semana con motivo das Letras Galegas realizamos no centro diferentes actividades. Este ano dedícanselle á escritora Xela Arias.
Para coñecer a figura de Xela creamos uns xogos interactivos a través da páxina Liveworksheets que o alumnado pode realizar a través desta ligazón:
https://es.liveworksheets.com/vu1848237hi
Pero, ademais de poeta, Xela tamén foi traductora. Así cada aula escolleu un libro en castelán e o alumnado traduciu ao galego tanto a portada coma un anaco da historia, converténdose en auténticos traductores de libros!
O resultado quedou fantástico! A continuación podedes velo.
Se queredes desfrutar dos versos de Xela en forma de canción, tamén vos deixamos unha peza da Banda da Loba, onde cantan un dos seus poemas do fermoso libro Darío a Diario.
https://www.youtube.com/watch?v=iNdZbXZUYGU
Ata a próxima,
Sabela!
Boas, durante este mes estivemos celebrando o mes do Libro con diferentes actividades coma encontros con escritores mediante vídeoconferencias onde o alumnado dos diferentes cursos tiveron a oportunidade de ler os seus libros e preguntarlles dúbidas.
E, este pasado venres 23 de abril, para conmemorar o Día do Libro a escritora Maite Mosconi fíxonos unha visita e contounos lendas e historias sobre o seu libro Guerreiras de Lenda. O alumnado tamén puido facerlle preguntas.
Para este día o alumnado leu o seu libro e fixo diferentes actividades que lles mostramos á escritora coma debuxos ou anacos das súas lendas cambiando un pouco a historia. Ademais, Maite regaloulles un marcapáxinas sobre unha das lendas do libro "A lobra branca" que o alumnado puido decorar.
Grazas Maite pola túa visita!
Este mes foi un tempo de moita lectura e coñecemos moitas historias: a de Lupa e a Loba Branca, a da Lúa que estivo presa nun castelo, a de Alba e as Lavandeiras, a dunha Superavoa ou a de Carme e a súa familia esperando noticias do seu pai que naufragou no mar, entre outras.
Esperamos que Sabela nos siga amosando novas aventuras e nos axude a seguir enchendo as nosas cabeciñas de coñecemento, pensamento e imaxinación.
FELIZ DÍA E MES DO LIBRO!
Ata a próxima.
Boas,
hoxe, 11 de febreiro, conmemoramos o Día da Muller e Nena na ciencia e dende a biblio preparamos un taboleiro coas mulleres máis destacadas neste eido: mulleres que gañaron Premios Nobel, científicas españolas e galegas, así coma, alumnas do centro que amosaron os seus experimentos.
Por grupos, cada curso, observou o taboleiro e aprendeu grandes descubrimentos de grandes científicas.
Tamén fixemos unha selección de lecturas para a Hora de Ler.
Ata pronto!
Boas,
Con motivo do Día Escolar da Non Violencia de da Paz que se celebra este vindeiro 30 de xaneiro, Sabela convida a todo o alumnado a compartir lecturas pola paz.
Neste sentido, dende a biblioteca escolar, facemos varias propostas para esta semana onde o alumnado poderá coñecer diferentes historias e a distintos personaxes que loitaron por un mundo en paz.
Ata pronto!
Boas,
Coma cada curso por estas datas, compartimos o tríptico coas recomendacións lectoras para este Nadal.
Esperemos que o vindeiro ano veña cargadiño de novas historias, pero desas que nos saquen un bo sorriso, que nos transporten a outro mundo e, sobre todo, que sexan historias con final feliz, que é o mesmo que pedimos e vos desexamos: MOITA FELICIDADE E SAÚDE PARA O VINDEIRO CURSO!
Felices festas!
Sabela
Estamos a piques de rematar Novembro, o mes da ciencia en galego na biblioteca escolar e este é o resultado do noso mural da ciencia con experimentos caseiros e para todos os gustos!
Ademais, o alumnado de 4º de primaria creou varios instrumentos meteoróloxicos que tamén están expostos na entrada da nosa biblio.
Xa que este curso a maleta de Sabela non viaxa aos fogares do noso alumnado, aproveitamos este mes para seguir facendo e compartindo os nosos experimentos feitos na casa.
Grazas a todos os nosos pequen@s científic@s por participar nesta actividade!
Vémonos pronto!
Sabela.
Con motivo do mes da ciencia en galego, dende a biblioteca, Sabela propón unha actividade baseada nos experimentos caseiros. Cada titor/a repartirá unha ficha para que o alumnado faga o seu propio experimento na casa, se fotografíe con dito experimento e pegue a foto na ficha.
Con tódalas fotos formaremos un gran mural da ciencia na entrada da biblioteca.
Animádevos a participar dende as vosas aulas! Tedes ata o venres 20 de novembro para entregar a ficha coa foto ao voso titor/a.
Pronto amosaremos o resultado!
Mañá, 24 de outubro, celébrase o Día das bibliotecas escolares. Este curso baixo o lema: "Bibliotecas, sempre ao teu carón".
Desta forma e para darlle sentido ao lema deste día, todo o alumnado participou nunha actividade que está exposta no taboleiro da entrada á biblioteca escolar.
Tratouse de que, nunha plantilla, debuxaran e crearan a portada do libro que máis lle gustou e que foi lido na biblioteca escolar ou de aula.
Estos son algúns exemplos das portadas que deseñaron os nosos artistas lectores!
Ata pronto.
Boas, este post podería ser o título dun libro de ciencia ficción, pero desgraciadamente non é así.
Nesta nova normalidad temos que adaptar o uso e funcionamento da nosa biblioteca para que continúe sendo un espazo de fomento da lectura e parte importante da vida do centro.
Así, este tríptico recolle as normas da biblioteca, adaptándonos a estos tempos.
Ata pronto!
Ao chegar ao cole o primeiro día entregáronnos unha entrada de cine que tiñamos que conservar.
Todos nos preguntabamos para que sería.
O xoves desvelouse o segredo: tiñamos unha sesión de curtas!
Para iniciarnos no proxecto deste ano visualizamos diferentes curtas; unas fixeronnos rir e outras asomaron algunha bágoa aos ollos e de todas aprendemos algo.
Este curso vai ser de cine!
Para empezar terás que recoñecer os personaxes das que veñen caracterizados os profes e a que peli pertencen!
É moi fácil! Fíxate ben!
Completa a ficha que te entregaron no cole e, cando finalices deposita o papel na caixa de correos da entrada da biblioteca antes do 17 de stembro.
Se tes todo correcto recibirás cromos para completar o álbum de Sabela.
Boa sorte e ..... Sabela, cámara e acción!!