martes, 21 de febrero de 2012

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Ola, deuses e deusas do Olimpo, deportistas e demáis participantes. Pasáchedelo ben cociñando filloas, coméndoas e bailando?
Eu estaba encantada co meu disfraz e sentirme deusa por un día. Podería ser Atenea (a deusa da sabiduría), aínda que tamén estaría ben ser Afrodita (deusa do amor), ou Hera (deusa da familia), ou Hestia (deusa do fogar). 
E vós!  Que guapos estabades todos! Vestidiños de deuses e deusas, de futbolistas, tenistas, ciclistas, patinadoras, animadoras e ata o mesmo Fernando Alonso! Fantástico! Gustoume moito ver como usáchedes o inxenio para buscar un disfraz acorde co tema proposto.
                                                                  Que ben o pasamos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario