sábado, 3 de marzo de 2012

QUEN VIRÁ?

De novo temos unha sorpresiña preparada para dentro duns días. Unha persoa que está a desenvolver un traballo moi importante virá convidada ó noso cole para explicarnos algo do que fai. Apetécevos xogar e averiguar quen é? Ahí van as primeiras pistas.

O seu nome é coma o da raíña do país dos tulipáns e dos muíños de vento. A súa capital (Amsterdam) é coñecida coma a Venecia do norte de Europa e nela atópase o museo Van Gogh.




    Averigua o seu 1º apelido poñendo a letra que che indica cada definición.

Letra inicial de quilo

Derradeira vogal

Nº 1 en números romanos

Se tivese un sombreiro sería moi española

Infusión que os ingleses toman ás 5

Primeira letra do alfabeto

Nunca se pon antes de p ou b

Silencio



Para averiguar cal é o seu 2º apelido debedes pensar no primeiro escudo da nosa vila e averiguar que elemento defensivo aparece 3 veces na parte alta do mesmo.


Como se chama?  

_ _ _ _ _ _ _      _ _ _ _ _ _ _ _     _ _ _ _ _ _

2 comentarios:

  1. Fáltame o segundo apelido, seguirei pensando...

    ResponderEliminar
  2. Que hai na cima deses cumios que son elementos nos que vivían e se protexían antigamente?

    ResponderEliminar