venres, 9 de marzo de 2012

VISITA DE BEATRIZ QUINTÁNS

Onte celebramos o Día Internacional da Muller coa visita da Doutora en Bioloxía Beatriz Quintáns que nos explicou un pouquiño da súa profesión como investigadora en Neuroxenética.
Nesta charla todos aprendemos moito e descubrimos que o ADN contén a información que nos transmiten os nosos pais sobre como ten que ser e funcionar cada parte do noso corpo. Entendemos como se producen as enfermidades xenéticas a través de erros no ADN, que se chaman mutacións. Os tipos máis frecuentes de mutacións contounos que son porque faltan, sobran ou están cambiadas as "letras" do ADN, e isto pode repercutir no funcionamento do noso corpo.
O equipo de científicos ó que pertence adícase, sobre todo a investigar as coñecidas como enfermidades raras, que son en realidade enfermidades que se producen con moi pouca frecuencia.


Tamén  vimos como é un laboratorio e os seus aparellos, e o camiño que ela tivo que percorrer para pertencer a un equipo de científicos de renome internacional. Explicounos que os resultados das investigacións se difunden publicando artigos en revistas científicas (como Nature Genetics ou Brain, que acaban de publicar dous dos seus traballos de investigación) e en congresos ós que acoden científicos de todo o mundo. 


Pero o que máis nos impresionou a todos foi que si desenrolasemos a cadea de ADN que contén toda a información xenética no núcleo de cada célula  sería tan longa coma unha persoa. Pero aínda máis si estirásemos as de todo o corpo chegaría 6 veces á Lúa (co lonxe que está!!!).

Moitas grazas por vir, Beatriz.

6 comentarios:

  1. A min tamén me gustou a súa visita, e o xogo que nos fixo. Eu salgo na foto do blob da biblioteca.
    ¡E NO XORNAL TAMÉN!

    ResponderEliminar
  2. a visita de BEATRIZ pareceume interesante en el tema de coñecemento dimos las celulas y yo ya sabia algo dellas gracias BEATRIZ.

    ResponderEliminar
  3. la visita de BEATRIZ pareceume moy interesante .

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito a visita de Beartiz.¡Foi moi interesante! Aprendín moitas cousas, sobre todo do ADN e dalgunhas enfermidades raras. Non sabía que todo o ADN do noso corpo xunto é coma 6 voltas da Terra a Lúa!!!Que guay! Tamén aprendimos cousas no xogo, a oque por certo, participou o meu primo David e Nerea a de 5º, a da miña clase. Tamén participaron Alexis e outra nena...que non sei como se chama!Jijiji...Bueno, en fin, foi moi chula a visita de Bea, agradecemosllo moito!

    ResponderEliminar
  5. Foi realmente divertido e aprendemos moito

    ResponderEliminar
  6. Foi super interesante o noso ADN, as enfermidades raras... como ela espero que veñan moitas mais.

    ResponderEliminar