domingo, 25 de decembro de 2011

ACTIVIDADES NO NADAL

Ola amigos:
Que tal levades as vacacións? Espero que o esteades a pasar moi ben.

Enteireime dalgunhas actividades interesantes que podedes facer estes días:
  • O luns 26 hai títeres no Auditorio Municipal ás 6 da tarde.
  • O martes 27 comeza Galinfancia no recinto feiral de Fexdega. Podedes ir ata o día 30 de 4 da tarde a 9 da noite.
  • O xoves 29 haberá un concerto de Mamá Cabra no Auditorio Municipal ás 6 da tarde.

Foto do Faro de Vigo
Ademáis hai outras actividades fóra do concello:
  • Visita guiada e actividades no castro que están excavando en Ribadumia
  • Exposición "Primeiras civilizacións. Exipto e Mesopotamia" en A Coruña ata o 22 de xaneiro
  • Exposición " Rubens, Brueghel, Lorena. O paisaxe nórdico no Prado" en Santiago ata o 1 de febreiro.

martes, 20 de decembro de 2011

BO NADAL

Sabela, xunto con todos os nenos e mestres do CEIP de Rubiáns quere desexarvos un Bo Nadal e un Próspero Aninovo.
Entra na web do cole para ver a felicitación.




sábado, 17 de decembro de 2011

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Ola amigos!
Canto tempo sen escribir nada. Sabedes? Os Reis Magos e Papá Noel xa están a piques de vir e o outro día díxome unha amiga mascota que os catro se poñen contentísimos cando ven nunha carta que un neno, unha nena, ou os maiores lles piden un libriño. ¡E aínda estades a tempo de pedirllo!


DADEVOS PRESA OU NON CHEGARÁN A TEMPO!

venres, 2 de decembro de 2011

DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

O día 6 de decembro celébrase o día da Constitución española. Se queres saber máis preme na imaxe.

mércores, 30 de novembro de 2011

MITOLOXÍA GREGA

Seguro que escoitáchedes falar algunha vez do Cabalo de Troia, o talón de Aquiles, a Odisea de Ulises, o minotauro, as sereas, as musas, os centauros... Todos eles, e algúns máis, son seres mitolóxicos da Antiga Grecia.

Esta pode ser unha boa ocasión para coñecer estos seres fantásticos e as súas historias..., lendas que nos fan voar a imaxinación...

     
Constelación de Pegaso

Dende estos enlaces podedes acceder a:

martes, 22 de novembro de 2011

GREECE: GRECIA EN INGLÉS

Caramba! Con esto dos idiomas é unha marabilla! Estades aprendendo tanto que xa vos podo ensinar algunhas páxinas que falan dos Xogos Olímpicos en inglés, coma Olimpic games ou incluso, si vos atrevedes podedes facer unha webquest sobre este tema tamén en inglés.

domingo, 20 de novembro de 2011

Os nenos na Antiga Grecia

Hoxe celebrouse o Día no que se conmemoran os Dereitos dos Nenos e a min entroume unha dúbida: como vivían os nenos en Grecia?
Pois ben, estiven investigando e averigüei algunhas cousas:
Para lavarse tiñan que facelo no río (imaxinádesvos ter que lavarse sempre en auga fría?) e por iso tiñan que aprender a nadar.
E a educación... estaba reservada únicamente para os nenos de familias ricas! E as nenas, non podían ir á escola.
Cando os nenos cumprían sete anos poñíanse baixo a tutela dun escravo chamado "pedagogo" que lle ensinaba boas maneiras e o levaba á escola, que estaba na propia casa do mestre.
Aprendían a ler e escribir, e as regras básicas da aritmética. Era moi importante que aprendesen de memoria versos do poeta Homero (o pai da literatura grega) e soubesen recitalos coa debida entoación. Máis tarde, se lles ensinaba música, a cantar e a tocar instrumentos sobre todo a lira e a frauta. Tamén aprendían a compoñer poesía e cantala acompañados da lira.
A partir dos doce anos, a educación física tiña prioridade sobre as demais. As clases impartíanse na palestra (un campo de deportes ao aire libre rodeada dunha columnata, a cuxa sombra se daban as clases teóricas)
As nenas de boa familia só aprendían a ler e escribir e algo de música. A súa educación centrábase nas tarefas que logo desempeñaría cando estivese casada: o traballo na casa, o coidado dos nenos, a manufactura dos tecidos, etc. As rapazas pobres, pola súa banda, ao igual que os nenos pobres, non tiñan acceso a ningún tipo de educación.
Os investigadores atoparon algúns xoguetes coma buxainas, aros, papaventos, carretes (usados como io-io) e muñecas feitas con terracota ou madeira. Tamén xogaban cos amigos á mosca cega, ó lanzamento de noces e ósos de animais ou ó “ephedrismos: que consistía en tratar de golpear cun accesorio un obxecto cravado no chan.

Día dos Dereitos dos Nenos

 En 1989 firmouse na ONU a Convención Internacional polos Dereitos dol Neno, que é unha lei escrita por adultos para protexer ós nenos.

Os Dereitos do Neno:

  1. Os nenos teñen dereito á vida.
  2. Os nenos teñen dereito a xogar e á diversión.
  3. Os nenos teñen dereito á liberdade e a compartir os seus puntos de vista.
  4. Os nenos teñen dereito a unha familia.
  5. Os nenos teñen dereito á protección durante os conflictos armados e contra as minas terrestres
  6. Os nenos teñen dereito á liberdade de conciencia.
  7. Os nenos teñen dereito á protección contra o descoido ou trato neglixente.
  8. Os nenos teñen dereito á protección contra o traballo infantil.
  9. Os nenos teñen dereito á información axeitada.
  10. Os nenos teñen dereito á protección contra o secuestro e a explotación.
  11. Os nenos teñen dereito á educación.
  12. Os nenos teñen dereito á saúde e á alimentación.
  13. Os nenos teñen dereito á liberdade.
  14. Os nenos teñen dereito a coñecer e gozar da nosa cultura.
  15. Os nenos teñen dereito a crecer nunha familia que lles dea afecto e amor.
  16. Os nenos teñen dereito a un nome e unha nacionalidade.
  17. Os nenos teñen dereito a non ser discriminados por sexo, credo, raza ou relixión.

sábado, 19 de novembro de 2011

ANIVERSARIO DO MUSEO DO PRADO

O 19 de marzo de 1819 o rei Fernando VII inaugurou o "Real Museo de Pintura y Escultura". Celébrase por tanto o seu 192 aniversario. O museo ten como funcións principais garantir a conservación do Patrimonio Histórico Español, exhibir as súas coleccións e fomentar o acceso a elas e o seu estudo.

Grazas ás novas tecnoloxías podemos acceder ás obras alí expostas a través da galería online, ou da enciclopedia.

Tamén podemos desfrutar de outros recursos a través de pradomedia. No apartado  colección onde se poden ver audioguías moi interesantes ou juegos, onde podemos xogar a atopa-las diferencias, buscar parellas ou uni-las obras cos seus autores.

Non perdades as audioguías infantís nas que da man da Infanta Margarida coñeceremos grandes obras expostas neste museo coma: "Sagrada Familia do Paxariño" (Murillo) e "A familia de Felipe IV", máis coñecido coma "As Meninas" (Velázquez), "La familia de Carlos IV" (Goya),  "O xardín das delicias" (El Bosco) ou "O cabaleiro da man no peito" (El Greco), entre outros.

xoves, 17 de novembro de 2011

WEBQUEST SOBRE GRECIA

Agora tócavos ós maiores navegar pola rede e buscar as respostas a algunhas preguntas sobre Grecia e que asía poidamos coñecer un pouco máis esta cultura.

A proposta é Viaxamos á Antiga Grecia?


mércores, 9 de novembro de 2011

Decoración entrada da Biblioteca

 Como estamos a traballar no Proxecto "Sabela nos xogos olímpicos" e o 1º trimestre adicámolo a "Grecia, orixe dos xogos olímpicos", decoramos a entrada da Biblioteca como un templo grego e puxémoslle a "Sabela" a antorcha olímpica.

martes, 8 de novembro de 2011

OS DEUSES GREGOS

Como xa sabedes, estamos a traballar Grecia, como berce dos Xogos Olímpicos. Os Xogos Olímpicos creáronse como loubanza a Zeus, pai de todos os deuses do Olimpo.

O alumnado do 3º ciclo recabou información sobre a Mitoloxía Grega. Como mostra amosamos un traballo realizado por un alumno de 6º.




luns, 7 de novembro de 2011

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO

Dende este enlace podedes realizar unha visita virtual ó Museo Arqueolóxico Nacional, que está en Madrid, e poderedes ver ánforas e outros obxectos gregos.

Pero si queredes imaxinar que estades en Atenas, podedes visitar a colección do Museo Arqueolóxico Nacional dende aquí.

Tamén podedes ver a colección do Museo da Acrópole.



Si o que queres é ver a colección do Museo Británico podes vela dende aquí.

GRECIA, ORIXE DOS XOGOS OLÍMPICOS

domingo, 30 de outubro de 2011

DÍA DO SAMAÍN

Xa chegou o venres e celebramos o día do Samaín, queimando os nosos medos, dicindo cada clase os seus conxuros, léndonos contos os de 6º e amosando as 3 cabazas gañadoras.

sábado, 29 de outubro de 2011

O DISCÓBOLO DE MIRÓN



O Discóbolo de Mirón representa un atleta no momento anterior ó lanzamento do disco, unha das probas dos Xogos Olímpicos da antigüidade.

venres, 28 de outubro de 2011

HOWARD GARDNER, PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS

Hai uns días o psicólogo Howard Gardner foi galardoado co premio príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2011.



Tradicionalmente entendeuse a intelixencia como a facultade de coñecer, analizar, comprender e resolver problemas. Gardner redefine a intelixencia establecendo 8 tipos diferentes: Intelixencia lingüística, lóxico-matemática, naturalista, espacial, musical, cinético-corporal, interpersonal e intrapersonal. (Ler máis)


xoves, 27 de outubro de 2011

RECOLLIDA DE CARTUCHOS DE IMPRESORA

E seguimos coidando o medioambiente de paso que facemos outra cousa. Nesta ocasión trátase de non tirar ó lixo os cartuchos de impresora que xa están baldeiros.

Estamos inscritos nun concurso de recollida de cartuchos no que ademáis de darnos uns céntimos por cada cartucho entregado podemos optar a un premio económico.

Lembrade!: Non tirades cartuchos de tinta baleiros ó lixo. Traédeos ó cole e teremos un dobre beneficio: coidaremos o noso planeta e gañamos uns cartiños.

mércores, 26 de outubro de 2011

RUBIÁNS CON DIOGO

Como supoño que xa sabedes Diogo Farinhoto precisa da vosa axuda. Diogo é un neno portugués que naceu enfermo e precisa dunha operación moi cara para que lle poñan unha man. O único xeito de poder pagala é reunindo 19 toneladas de plástico. E ahí é onde entrades vós, rapaces.



Imos axudarlle reunindo todos os tapóns de plástico que poidamos e os envases que teñan no seu fondo un triángulo cos números 2, 4 ou 5 dentro del. Ademáis, ó mesmo tempo, coidamos o medioambiente. 

Temos ata o día 18 de Novembro para conseguilo!

ÁNFORA GREGA



Uns arqueólogos atoparon os restos dunha ánfora grega. Podedes pegalos para recompoñela?

martes, 25 de outubro de 2011

SAMAÍN 2011

Este ano estamos a celebrar o Samaín co "mural dos medos" e un concurso-exposición de cabazas.


O venres, ademáis, queimarémos os nosos medos, leremos contos de medo e veremos unha película.

Imos disfrutar de medo!!!

SAMAIN

SAMAIN
A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta. Esa noite o outono daba paso ó inverno. E, sabedes?, ós druídas (os magos celtas) lles gustaban tanto as baias de acivro, carballos e aciñeiras coma a min e por eso as recollían esa noite para facer maxia.
Hoxe en día prendemos as luces nas cabazas en recordo daqueles lumes que acendían para guiar ós mortos na escuridade da noite.



Si queres xogar con este crebacabezas arrastra as pezas ata que formes a cabaza.

domingo, 23 de outubro de 2011

RECONSTRÚE A ACRÓPOLE DE ATENAS



Arrastra cada peza ata o seu lugar. Podedes pechar a imaxe do modelo ou movela para un lado.
Se pinchades na pantasma aparece ou desaparece o fondo.

venres, 14 de outubro de 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS SEGUEN O SEU CAMIÑO

As mochilas viaxeiras seguen o seu camiño e xa están na 2ª etapa.

Recordade que neste curso poderedes telas na casa 12 días e, nesta ocasión, deben voltar ó centro o vindeiro mércores 19 de outubro.

GRECIA: BERCE DOS XOGOS OLÍMPICOS


Como sabedes, este trimestre adentrámonos nas orixes dos Xogos Olímpicos. O seu nacemento tivo lugar en Grecia, e este é o motivo polo que queremos achegarnos á cultura helénica.

Ás vosas casas chegaron peticións para que, en familia, busquedes imaxes e/ou información sobre vestimentas, arte, deuses e mitoloxía... Con elas completaremos o mural que está no corredor da biblioteca sobre este tema e que logo poderedes visitar.

Grazas pola vosa colaboración.

mércores, 5 de outubro de 2011

GRAZAS POR VIR Á MIÑA CASA

Que ilusión! Tiña moitísimas ganas de vervos e polo que vexo tamén vós a mín.
Como vedes, este curso levo a antorcha olímpica!!!, xa que o título do noso Proxecto é "Sabela nos Xogos Olímpicos".

Hoxe a biblioteca estivo chea de grandes amigos, de grandes lectores, de moita ilusión...  que despois da espera estaban desexando retirar os seus libros favoritos. Espero que vos gusten.

Vémonos de novo mañá.

martes, 4 de outubro de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola familias:
Recordade que mañá deben voltar ó centro as mochilas viaxeiras para que continúen a visita ás casas doutras familias.

Lembrade tamén que a biblioteca está aberta tamén para vós, e nela podedes atopar diferentes obras que vos poden interesar.

luns, 3 de outubro de 2011

APERTURA DA BIBLIOTECA

Ola rapaces!

Mañá será o gran día no que abriremos de novo as portas da biblioteca. Novos axudantes, novos libros, novos murais... Estamos preparando novas actividades para pasalo ben mentres aprendemos.

Nenos e maiores espérovos na "biblio"!

xoves, 29 de setembro de 2011

TEMPLO DE LECTURA

O vindeiro luns reabre as portas a biblioteca con nova decoración. Este curso deixará de ser un castelo encantado para converterse nun templo adicado á lectura.
A min e ás vosas profes ocorréusenos decorala coma o templo de Zeus en Olimpia, que estaba alá pola Antiga Grecia, e do que agora só quedan as ruínas que nos permiten facernos unha idea do que puido ser Olimpia na súa época de esplendor.


E por que será que sexa este e non outra o elemento elexido para a decoración? A resposta daréivola en breve, pero mentres xa podedes ir pensando un pouquiño a ver si dades con ela.

sábado, 24 de setembro de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras comezan unha nova viaxe.  Este ano serán 9, pois xa temos unha aula máis.

Nesta ocasión, cada mochila estará con cada familia 12 días (por exemplo, saíron hoxe e regresarán o 5 de outubro) e nela atoparedes libros en galego, castelán e inglés, de lectura, para pais, de consulta, música, xogos didácticos para o ordenador...

O diario da mochila.
Gústame moito coñecer  a vosa opinión sobre a actividade, propostas de mellora, recomendacións de libros..., polo que  podedes escribir algo no diario que vai dentro da mochila.

Un agasallo.
Dentro da mochila tamén vai un agasallo para vós: un punto de lectura, para que vos acordedes de min cada vez que leades un libro.

Espero que vos guste a selección!

mércores, 14 de setembro de 2011

¡Ai!, ¡ai!, ¡ai!, do que me enterei!

Seica o próximo verán vánse celebrar os Xogos Olímpicos. Disque son uns campionatos de moitos deportes, ou algo así. ¡Co que me gusta a min o deporte! Xa estou contando os días, as semanas que faltan para que comecen.


 
Pero se vos digo a verdade, só sei que neles participan moitos países en campionatos de moitos deportes. Vós sabedes máis cousas? Ocórreseme que podiamos aprender algúnhas cousas interesantes sobre eles:
  • Que son?
  • Cando e onde comezaron?
  • Onde e cando se van celebrar?
  • Que son eses circuliños de cores?
  • Quen participa?
  • A que deportes xogan?
E seguro que a vós se vos ocorren moitas cousas máis. Vou falar coas vosas mestras para que poñan esto en marcha e investiguemos un pouco de que vai todo esto e comezamos. Que vos parece?

PLAN MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Que contenta estou!:

Contáronme os vosos mestres que para este curso volveron a concedervos o Plan Mellora das Bibliotecas Escolares. E vos preguntaredes que quere dicir isto. Pois ben, quere dicir que estamos nun programa grazas ó cal podemos mercar diferentes materiais (mobiliario, informática, libros...). Así que durante este curso seguirán poñéndoa máis fermosa, máis cómoda, con máis libros interesantes...


Seguro que quedará preciosa.

martes, 6 de setembro de 2011

COMENZO DAS CLASES

Ola rapaces!

Que ganas teño de vervos! Este verán paseino moi ben viaxando neste mar de libros con Colorín. Tamén estiven preparando novas aventuras para compartir  convosco e...coido que vos van gustar moito.

 
Rapaces, vémonos o próximo luns 12 de setembro, que será o voso 1º día de clase, de bus, plan madruga, comedor... 

Dous avisos para as familias: 
  • A reunión dos pais cos titores que se viña celebrando o 1º día terá lugar o martes 13 pola tarde, ás 16:30.
  • Os pais/nais do alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos) terán unha reunión previa coas titoras dos seus fillos o venres 9 ás 11 da mañá.

mércores, 22 de xuño de 2011

Día de Portas Abertas

A tarde do mércores día 22 de Xuño, invitamos a todas as familias a visitar a Biblioteca... 
Temos un recuncho especial para pais e nais que esperamos ampliar coas vosas suxerencias...
Estareivos esperando!!
Sabela

martes, 7 de xuño de 2011

Visita Biblioteca Pública

O día 1 de xuño os/as alumnos/as do 1º ciclo visitamos a Biblioteca Pública de Vilagarcía. Ademais tivemos unha sesión de contacontos, na que nos rimos moito.
Tamén nos deron un impreso para facernos socios e poder levar para a nosa casa libros, pelis,revistas,...  
Gustounos moito.
.

venres, 3 de xuño de 2011

A CASTAÑA QUE ESTOUPOU COA RISA

Aínda que con un pouco (ou máis ben, bastante) retraso por fin ve a luz dixital o conto elaborado por todo o colexio no magosto. "A castaña que estoupou coa risa".



xoves, 2 de xuño de 2011

A insoportable levedade das bibliotecas escolares

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas.

mércores, 18 de maio de 2011

martes, 17 de maio de 2011

Festival Letras Galegas

   Ademais do tradicional Festival das Letras Galegas, este ano contamos coa presencia de dous gaiteiros que nos amosaron as partes da gaita galega e nos interpretaron unhas preciosas muiñeiras. Moitas grazas.

luns, 9 de maio de 2011

Día Das Letras Galegas

  Dende o Equipo de Dinamización Lingüística e da Biblioteca, achegámosvos unha recompilación de actividades sobre LOIS PEREIRO, poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
  Pinchade NA FOTO.

domingo, 3 de abril de 2011

LECTORIÑO 2011

Entre o 7 e o 9 de Abril desenvolveranse as actividades do Lectoriño 2011 que organiza, coma cada ano a Concellería de Xuventude e Solidariedade do Concello de Vilagarcía de Arousa.
As portas do Auditorio Municipal abriranse cada día ás 5:30 da tarde para gozar coa exposición de literatura infantil e xuvenil, os títeres, monicreques, o obradoiro de contacontos, música e mimo, teatro, música e maxia.
A entrada, como de costume, é gratuíta. Si queredes mási información sobre os horarios das diferentes actividades premede aquí.

sábado, 2 de abril de 2011

DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

   O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil para estimular o amor pola lectura e promover a interese polos libros para nenos.
  Esta data foi elexida coma homenaxe ó nacemento dun dos máis populares escritores para nenos, Andersen, quen non legou unha obra chea de amor, ilusión e fantasía.
  O 2 de Abril de 1805 naceu en Odense (Dinamarca) o escritor Hans Cristian Andersen, autor de contos que aínda hoxe seguen sendo dos máis contados en todo o mundo. Pertencía a unha familia pobre e humilde e aínda que non recibiu unha gran educación o seu pai cultivou a súa imaxinación contándolle historias fantásticas. Ós 14 anos trasladouse a Copenhague para traballar e coa axuda do seu protector conseguiu rematar os seus estudos e comezar a escribir.
   Entre outras obras escribiu máis de 160 contos coma "A sereíña", "O reiseñor", "A raíña das neves", "A princesa e o chícharo", "O traxe novo do emperador" ou "O parruliño feo", que é reflexo da súa propia historia pois proviña dunha familia pobre e se converteu nun escritor famoso, igual que o parruliño feo que, de ser rexeitado por todos, ó crecer, transformouse no cisne máis fermoso.
  
     Os contos de Andersen convertéronse en clásicos e todos tivemos a oportunidade de escoitalos de pequenos. Logo chegou Disney e os converteu en éxito a través das películas, pero teñen diferencias cos contos orixinais. Por exemplo, no caso da Sereíña:
  1. Andersen non lle puxo nome a A sereíña (Ariel na película).
  2. No conto, o príncipe está namorado de outra princesa dende o principio.
  3. A bruxa de Andersen ten un papel menos importante e maligno que na versión de Disney.
  4. Os finais son completamente distintos. Aínda que non desvelaremos as diferencias para que disfrutedes buscándoas nas dúas versións.
Que vos parece si ledes este conto e tentades descubrir quen fixo esta versión? Andersen ou Disney?

Andersen é un personaxe moi querido en Dinamarca e na súa capital, Copenhague, instalaron unha escultura dunha serea na súa homenaxe. Coa publicación desta imaxe sumámonos a esta homenaxe neste día.


sábado, 26 de marzo de 2011

3º TRIMESTRE

Durante o  terceiro trimestre  imos traballar os contos clásicos onde aparecen  OS ANIMAIS  como protagonistas:
Educación Infantil 3-4 anos:"Os sete cabritos".
Educación Infantil 4-5 anos:"O gato con botas".
Educación Primaria: 1º:"A lebre e a tartaruga".
                               2º:"A ratiña presumida".
                               3º:"O frautista de Hamelin".
                               4º:"O patiño feo".
                               5º:"Riciños de ouro".
                               6º:"Os músicos de Bremen".
  Coa compaña dos animais parécenos unha boaa maneira de rematar o curso.

MES DA PRENSA

Este ano adicámoslle á "Semana da Prensa" todo o mes de marzo, xa que pedimos colaboración ás diversas embaixadas do mundo no noso país. Agradecémoslles moito a súa participación coa que poidemos facer unha extensa exposición.

luns, 21 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DA POESÍA: A COLORÍN

Ai! o amor... O amor fai tolear.
Eu toleo, toleo polo meu colorín
escribeume cartas tan fermosas
que a barriga voltas me da.

Teño que falar con el,
falar con el para velo
e ter esa primeira cita
a non moito tardar.


Neste Día da Poesía
de el non me podo esquecer,
pois tantas poesías leo
que máis grande fan o meu querer.

A COLORÍN

Prados verdes me rodean
Rincones bellos para enamorar
Imagino tantas cosas…
Mares de hermoso coral.

A tu lado quiero estar
Viajando sin dudar,
En tierra o en el mar
Riendo sin parar.
Ay!, mi caballito de mar.

COLORÍN

Caballito de mar eres
Oteando estás en la mar;
Lejos de ti yo me encuentro
Oh, cariño! sólo quiero llorar.
Recuerdo aquellas cartas
Imposibles de olvidar,
Nada soy si tú no estás.

luns, 14 de marzo de 2011

LER ESTÁ DE MODA

Xa non hai excusas. Ler está de moda: o "book" pódese empregar en calquer lugar, nunca se queda sen batería e con el pódese disfrutar, viaxar, aprender...

Non esquezades o accesorio opcional: marcapáxinas, que permite abrir o "book" xusto no lugar onde se rematou a vez anterior.

SAN VALENTÍN

O pasado 14 de febreiro celebramos no noso colexio o día de San Valentín con poesías e cartas de amor. E como non podía ser doutro xeito eu mandeille unha carta ó meu príncipe azul, máis ben ó cabaliño de mar que me roubou o corazón. (Colorín é, por si non o sabedes, a mascota da biblioteca do CEIP de Vilaxoán.) E el contestoume!!!!!!!!!!!! Aínda me tremen as patiñas! Que nervios! Como me late o corazón só de pensalo....

En canto me repoña un pouco seguireivos contando...

venres, 28 de xaneiro de 2011

2º Trim: Príncipes e Princesas

Durante este trimestre imos traballar os contos clásicos onde aparecen ´Príncipes e Princesas'.

Educación Infantil 3-4 anos: A sereíña
Educación Infantil 4-5 anos: A Bela Durminte
Educación Primaria:   1º Rapunzel
                                  2º A princesa e o chícharo
                                  3º Aladino
                                  4º O príncipe e o mendigo
                                  5º Pocahontas
                                  6º Anastassia

Na exposición da Biblioteca temos moitísimos contos, xa sabedes que podemos deixárvolos prestados para que os poidades ler tranquilamente na vosa casa...

mércores, 26 de xaneiro de 2011

¡Por fin!

Ola rapaces e rapazas!
As profes do Equipo de Biblioteca xa me puxeron a traballar en algo novo ¡O BLOG DA BIBLIOTECA.