Seguimos a traballar con Van Gogh. na entrada da biblioteca temos un gran mural no que o alumnado de 5º reproduciu o autorretrato de Van Gogh en setembro de 1889. Acompañándoo hai unha mostra dlagúns dos seus cadros.
Ó lado a súa biografía explícanos os datos máis importantes da súa vida.
venres, 30 de novembro de 2012
luns, 12 de novembro de 2012
CAMILLE Y LOS GIRASOLES
No blogue Artcole da profe de inglés María atopamos o conto de Camille y los girasoles. Si o les coñecerás un pouquiño máis a vida e as obras de Vincent Van Gogh.
Open publication - Free publishing
Si queredes ler o conto en inglés podedes retiralo na biblioteca.
Si queredes ler o conto en inglés podedes retiralo na biblioteca.
domingo, 11 de novembro de 2012
A ÁRBORE
Outra obra excepcional deste gran pintor é "A árbore". Queres ver como é? Anímate e fai o crebacabezas.
venres, 9 de novembro de 2012
AUTORRETRATO DE SETEMBRO DE 1889
Outro ben difícil. Seguide o meu consello, facédeo a 1ª vez coa plantilla debaixo (premede na pantasma)
xoves, 8 de novembro de 2012
luns, 5 de novembro de 2012
NOITE ESTRELADA
Probade agora con esta outra obra fundamental do artista holandés. Aínda é moi doado. Podedes facelo sen pistas en menos dun minuto?
12
A noite estrelada
A noite estrelada
A HABITACIÓN DE VINCENT VAN GOGH EN ARLES
Este primeiro crebacabezas realizado coas pinturas de Vincent Van Gogh é moi sinxelo así que probade a facelo sin pistas e en pouco tempo. Quen o fai máis rápido?
La habitación de Van Gogh en Arles
La habitación de Van Gogh en Arles
martes, 25 de setembro de 2012
QUE HAI DE NOVO AMIGOS?
Ola a todos!:
Hai moito que non falaba con vós e é que estiven tan ocupada... Estiven viaxando polo mundo e despois de achegarme a Londres para coñecer de preto as Olimpiadas e as Paralimpíadas fixen algo máis tranquilo: VISITAR MUSEOS.
Nin vos imaxinades a cantidade de cadros fermosos que existen! Así que ... qué virá agora?
Pois sí, este curso imos achegarnos á arte. Ata o Nadal coñeceremos un pouquiño de Vincent Van Gogh, un gran artista!
xoves, 7 de xuño de 2012
Visita de Dani Barreiro
Onte visitou o noso colexio Dani Barreiro, deportista vilagarcián que consigueu 2 diplomas paralímpicos nos Xogos Paralímpicos de Atlanta 1996.
Foi un día maravilloso no que todos aprendemos e disfrutamos moito. En primeiro lugar os alumnos de infantil escoitaron todo o que Dani tiñan que contarlles e logo probaron o goalball. Pasárono en grande!
Logo foi o turno dos maiores. Estiveron tan atentos e interesados e fixéronlles tantas preguntas que as profes tiveron que paralos porque senon non poderían probar todos o goalball.
Esta experiencia está recollida nos xornais de edición local. Podedes ver os artigos e fotos que publicaron nestes enlaces:
GRAZAS, DANI, POR VIR E ACERCARNOS AOS XOGOS PARALÍMPICOS E Ó MUNDO DOS DICAPACITADOS.
martes, 5 de xuño de 2012
Mañá visítanos... Dani Barreiro
Nenos!
Mañá ven ó noso cole Daniel Barreiro Garrido!
Que quen é? Pero non o sabedes?
Segundo me contaron por ahí participou nos Xogos Paralímpicos de Atlanta en 1996 na modalidade de ciclismo (tándem) como guía dun ciclista cego. Que envexa! Estar nunhas paralimpíadas...
Agora traballa coma Técnico da Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC) e a Organización Nacional de Cegos de España (ONCE).
Falaranos dos deportes paralímpicos pero as súas especialidades son ciclismo e goalball. Le máis sobre estes deportes nos enlaces.
Mañá ven ó noso cole Daniel Barreiro Garrido!
Que quen é? Pero non o sabedes?
Segundo me contaron por ahí participou nos Xogos Paralímpicos de Atlanta en 1996 na modalidade de ciclismo (tándem) como guía dun ciclista cego. Que envexa! Estar nunhas paralimpíadas...
Agora traballa coma Técnico da Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC) e a Organización Nacional de Cegos de España (ONCE).
Falaranos dos deportes paralímpicos pero as súas especialidades son ciclismo e goalball. Le máis sobre estes deportes nos enlaces.
OS XOGOS PARALÍMPICOS
En breve comezaran os Xogos Olímpicos e ó seu remate, e non por iso menos importante, será o momento dos Xogos Paralímpicos, os Xogos para persoas discapacitadas.
Na páxina oficial do Comite Paralímpico podedes ler información de todos estes deportes: atletismo, baloncesto, boccia, ciclismo, esgrima, esquí, fútbol-5, fútbol-7, goalball, halterofilia, hípica, judo, natación, remo, rugby, tenis, ping pong, tiro con arco, tiro olímpico, vela e voleibol.
domingo, 27 de maio de 2012
UNHA SEMANA MOI MOVIDIÑA...
Que envexa me dades nenos!
Segundo me contaron esta semana tedes unha morea de actividades previstas. Co que me gusta a min facer deporte... Igual me colo por algunha esquiniña para vervos... je, je.
Escoitade todo o que haberá:
Segundo me contaron esta semana tedes unha morea de actividades previstas. Co que me gusta a min facer deporte... Igual me colo por algunha esquiniña para vervos... je, je.
Escoitade todo o que haberá:
- O luns darannos unha charla informativa sobre as precaucións que debemos tomar ó entrar en internet.
- O martes o alumnado do 3º ciclo irá a xogar a Nantes (Sanxenxo).
- O martes pola tarde (ás 18:30) será o turno para que os pais coñezen os perigos de internet e as precaucións que se deben tomar.
- O xoves virán ó noso cole os nenos do CEIP Cruceiro, de Vilalonga, para xogar cos alumnos de 3º e 4º.
- O venres será a festa do deporte e, de novo, o alumnado de 3º ciclo disfrutará dunha xornada deportiva.
mércores, 16 de maio de 2012
QUE SUSTO!
Hoxe estreouse no centro a curta Que susto! realizada polos nenos de 5 anos dentro do programa Nós tamén creamos!
Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.
Trátase de pasar de ver curtas en galego... a crealas!
Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.
Trátase de pasar de ver curtas en galego... a crealas!
martes, 1 de maio de 2012
VOLVEN AS TRADICIÓNS
Este 1º de maio trouxo con el a volta ás tradicións, pois tras uns anos sin participar, o Ceip de Rubiáns estivo presente na exposición de maios, nesta ocasión da man da ANPA.
Despois de moitas horas de traballo e moita, moita ilusión conseguiron facer un cono tradicional e un hórreo no apartado artístico.
Aínda que moitos nenos estaban moi nerviosos pasárono moi ben, e un cachiño de rosca fixo que todo se esquecera.
Noraboa!
luns, 30 de abril de 2012
CONTOS EN FAMILIA
Benvidos á miña casa!
A semana pasada comezaron a achegarse pola miña casa, a biblioteca do centro, os pais e nais do alumnado de infantil para contarlles un conto ós seus fillos e compañeiros por iniciativa das súas mestras.
Eu non me perdo ningún e todos me gustan moito! Tamén ós nenos, que están moi atentos e non perden detalle. Da igual que sexan contos coñecidos ou non, teriades que ver as cariñas de ilusión...
Pero o mellor de todo é o orgullosos que se sinten cando veñen as súas familias e se convirten en protagonistas.
Espero vervos a todos por aquí.
O GATO CON BOTAS
Que ben o pasei! E vós?
Esta mañá os mestres da Escola de Música Municipal de Vilagarcía viñeron representar o musical "O gato con botas" ó noso cole e foi xenial.
Esta mañá os mestres da Escola de Música Municipal de Vilagarcía viñeron representar o musical "O gato con botas" ó noso cole e foi xenial.
Asistimos todos os nenos e mestres do cole e pasámolo en grande. Coñecemos os instrumentos, cantamos, berramos, aplaudimos... e aprendemos a moralexa do conto:
SI TES UN AMIGO TES UN TESOURO!
mércores, 25 de abril de 2012
O SEÑOR DON LIBRO
Seguimos celebrando o Día do Libro con contacontos, contos motores, o mural do noso libro favorito...
Imos homenaxealo agora con este poema de Gloria Fuertes:
Imos homenaxealo agora con este poema de Gloria Fuertes:
Estaba
el señor don Libro
sentadito en su sillón,
con un ojo pasaba la hoja
con el otro ve televisión.
sentadito en su sillón,
con un ojo pasaba la hoja
con el otro ve televisión.
Estaba
el señor don Libro
aburrido en su sillón,
esperando a que viniera... (a leerle)
algún pequeño lector.
aburrido en su sillón,
esperando a que viniera... (a leerle)
algún pequeño lector.
Don
Libro era un tío sabio,
que sabía de luna y de sol,
que sabía de tierras y mares,
de historias y aves,
de peces de todo color.
que sabía de luna y de sol,
que sabía de tierras y mares,
de historias y aves,
de peces de todo color.
Estaba
el señor don Libro,
tiritando de frío en su sillón,
vino un niño, lo cogió en sus manos
y el libro entró en calor.
tiritando de frío en su sillón,
vino un niño, lo cogió en sus manos
y el libro entró en calor.
martes, 24 de abril de 2012
OS DEPORTES OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS
Podedes atopar toda a información sobre os deportes olímpicos e os deportes paralímpicos nestes enlaces.
luns, 23 de abril de 2012
SE TI LES ELES LEN
Este vídeo móstranos como os nenos imitan en todo ós maiores, de modo que si nos ven lendo será máis doado que fagan o mesmo.
sábado, 14 de abril de 2012
DEPORTES
Como xa vos contara, este trimestre imos aprender moito sobre os deportes olímpicos. Que ben, co que me gusta a min facer deporte!
E sabedes do que me enterei? O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º vai ter unha xornada de XADREZ o próximo martes, a través do programa Xogade da Xunta de Galicia.
venres, 6 de abril de 2012
E AGORA OS DEPORTES!!!
Xa falta menos para que comecen os Xogos Olímpicos de Londres. E por iso neste trimestre imos aprender un pouquiño dos deportes que se practicarán alí, dos símbolos destes xogos e das paralimpiadas. Por certo, sabedes que son as paralimpiadas?
mércores, 21 de marzo de 2012
DÍA DA POESÍA
Coa primavera, as flores, a alegría..., chega a POESÍA. O día 21 de marzo é a data acordada pola UNESCO para celebrar o Día Mundial da Poesía. Non podemos esquecer que este ano celébrase o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e por iso escollemos esta estrofa escrita por ela.
Has de cantar,
meniña gaitera;
has de cantar,
que me morro de pena.
meniña gaitera;
has de cantar,
que me morro de pena.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










